Portocubelo, Lira, Carnota
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Portocubelo é un lugar da parroquia de Lira situado na zona marítima. Posúe un pequeno porto pesqueiro cunha lonxa que vende, ademais, por internet. No lugar de Portocubelo chamado "a beirada", atópase un pequeno museo no que recollen os aparellos de pesca típicos xunto coas súas propias embarcacións.
Portocubelo comprende as seguintes zonas:
- O Porto: lugar onde se encontran as embarcacións e a actividade pesqueira. Nel atópase unha lonxa para o comercio marítimo.
- A Gavota: lugar situado moi cerca do Porto no que se atopan grandes cantidades de aves marítimas e pescado debido aos conductos de purificación da auga da piscifactoría. Este lugar é moi aprezado polos pesqueiros.
- Ximprón: praia de pequena dimensión pero de moi grande importancia para os de Lira. A principal causa foi a raíz do desastre do Prestige porque esta pequena praia foi unha das máis afectadas.
- Ardeleiro: nesta zona encontramos unha fábrica de conservas (cerrada hai anos) e unha praia ns arredores.
- Os Susiños: lugar preto de Lariño no que se encontra unha fonte de pedra.