A Illa de Arousa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Illa de Arousa | |
---|---|
Situación | |
Xentilicio 1: | Arousán |
Xeografía | |
Provincia: | Pontevedra |
Comarca: | Salnés |
Área: | 7 km² |
Entidades de poboación: | 1 |
Capital do concello: | San Xulián da Illa de Arousa (única parroquia) |
Latitude e lonxitude: | |
Altitude máxima: | Con do Forno - 68 m. |
Altitude mínima: | Nivel do mar - 0 m. |
Zona horaria: 2 | UTC + 1 |
Demografía (2005) | |
Poboación: | 4.884 hab. |
Densidade: | 714,28 hab./km² |
Uso do galego 3 (2001) | |
Galegofalantes sobre o total da poboación: | 97.96 % |
Falantes do galego no tramo 5 a 29 anos | |
Sempre: | 91.31 % |
Ás veces: | 7.07 % |
Nunca: | 1.62 % |
Política (2003) | |
Concelleiros 4: | PPdeG 4 (1170 votos - %) BNG 1 (274 votos - %) PSdeG-PSOE 5 (1545 votos - %) Outros: Independentes pola Illa 1 - (349 votos - %) |
Alcalde: | José Manuel Vázquez Vázquez (PSdeG-PSOE) |
Eleccións municipais en: 'A Illa de Arousa' | |
Censo electoral (2003) | |
Total electores: | - 100 % |
Votantes: | - % |
Abstencións: | - % |
Votos en branco: | - % |
Votos nulos: | - % |
Orzamentos 5 (2000) | |
Total ingresos: | € |
Tributos propios por habitante: | € |
Transferencias por habitante: | € |
Consumo público por habitante: | € |
Gasto de capital por habitante: | € |
Enderezos | |
Enderezo físico: | Rúa Palmeira, 25 |
Teléfono: | 986 527080 |
Fax: | 986 528700 |
Código Postal: | 36626 |
Correo electrónico: | - |
Sitio web oficial: | http://www.ailladearousa.com/ |
|
|
Notas: | 1 Véxase no Galizionario. 2 No verán: UTC + 2. |
A Illa de Arousa é unha illa e concello, situada no interior da Ría de Arousa. Dende hai moito tempo alberga unha comunidade de pescadores. Na actualidade está unida por unha ponte ó continente, co que as súas praias son moi visitadas nos meses máis calurosos do ano nos que se chegan a alcanzar máximas de 40º e medias de 21,5º en Agosto.
Algunhas praias son A Area da Secada, A Lavanqueira, O Vao, Camaxe, a praia de Carreirón, Espiñeiro e O Cabodeiro. A Area da Secada, A Lavanqueira e O Vao dispoñen de duchas, e teñen chiringuitos estas últimas e máis Espiñero . As precipitacións dánse en inverno e en outono e en menor cantidade en primavera. No verán as precipitacións son menores de 50 mm. En todo o ano danse mais de 1000 mm de choivas e é rara a vez que cae algunha nevada en inverno xa que a última foi contra 1985: as temperaturas medias de inverno son de 10º.
Esta vila mariñeira independizouse de Vilanova de Arousa no ano 1996. A poboación repártese nestes barrios:
- As Aceñas
- As Laxes
- O Lagartiño
- O Outeiro
- O Cabodeiro
- A Torre
- O Cantiño
- O Monte
- O Campo
- Pedraserrada
- A Abilleira
- Gradín
- O Charco
- O Regueiro
- Quilma
- Testos
- Os Carballos
- O Espiño.
Esta illa ten catro portos:
- o do Xufre, que é onde se comercializa o marisco e o peixe;
- o do Cabodeiro;
- o do Naval;
- o do Campo;
Hai tres paseos marítimos: o do Campo, o do Cantiño e o que vai do IGAFA (Instituto Galego de Formación en Acuicultura) á Area da Secada.
[editar] Lugares da Illa de Arousa
Para unha lista completa de todos os lugares do concello da Illa de Arousa vexa: Lugares da Illa de Arousa. Algúns significativos son:
- Praza do Regueiro
- Porto do Xufre
- O Con do Forno
- Parque Natural de Carreirón (Complexo Intermareal Ulla - Umia - O Grove)
- Casa do Concello
- O Campo
- Igrexa e A Torre
[editar] Véxase tamén
- Illas galegas (categoría)
Galicia | Provincia de Pontevedra | Parroquias da Illa de Arousa | |
---|---|
A Illa de Arousa (San Xulián) |
Referencias relacionadas con Galicia |
||