84, Charing Cross Road
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Breve libro epistolar de Helene Hanff, onde se transcriben as relacións inicialmente comerciais e logo máis profundas entre unha clásica libreria londinense de segunda man (Marks & Co., situada no enderezo que dá título ó libro) e a propia autora.
Índice |
Aviso: Esta sección pode conter detalles da trama.
Durante vinte anos vemos modificarse o trato e a historia que contextualiza ós remitentes: a época do racionamento na Inglaterra trala Segunda Guerra Mundial, os contratos de Helen para a serie televisiva Ellery Queen e a súa mudanza de piso, as intencións de ilos visitar a Londres, etc. Con lapsos de tempo sen misivas e outros documentados mesmo con cartas persoais, o texto amosa a relación de dous mundos coa mesma lingua e distintos parámetros na vida (só hai que ver os problemas coa premura nas entregas, coa comida koxer ou as confusións terminolóxicas respecto a "Madam" ou "Ground ground-nuts"), que se admiran e recean mutuamente e que van intercambiando posicións coma imperio a nivel global. A medida que vai pasando o tempo, a intimidade vaise estreitando, e o trato de cortesía vai deixando paso á informalidade (paso que sorprendentemente se dá antes nos "estirados" irmáns británicos que nos "pícaros" curmáns americanos), e comezan a aparecer non só remites e alusións íntimas entre Helene e Frank P. Doel ou bromas e xogos de palabras ("hotspurs"), senón cartas dos familiares del (a muller Nora e a filla Sheila) e dos compañeiros de traballo (Cecily Farr, Megan/Meg Wells, Bill Humphries, J[anet] Pemberton, George Martin e ó final Joan Todd) e veciñas (Mary Boulton). A seguinte táboa quere ser un índice de tódalas cartas trnascritas no libro, o seu remite e o seu destinatario (con certa diferenciación do tratamente formal ou informal), para poder observar a evolución destes cambios:
Escritos do enderezo 14 East 95th Street
Escritos do enderezo 305 East 72nd Street
DATA | DE | A |
3 de maio de 1957 | F | H |
6 de maio de 1957 | G&E | H |
10 de xaneiro de 1958 | HH | F |
11 de marzo de 1958 | F | H |
7 de maio de 1958 | N | H |
18 de marzo de 1959 | F | H |
15 de agosto de 1959 | HH | F |
2 de setembro de 1959 | F | H |
1 de xaneiro de 1959 | HH | F |
5 de marzo de 1959 | F | H |
8 de maio de 1959 | HH | F |
2 de febreiro de 1961 | HH | F |
15 de febreiro de 1961 | F | H |
10 de marzo de 1961 | HH | F |
14 de outubro de 1963 | F | H |
9 de novembro de 1963 | F | H |
sábado de 1963-1964 | H | F |
30 de marzo de 1964 | H | F |
14 de abril de 1964 | F | H |
4 de outubro de 1965 | F | H |
30 de setembro de 1968 | H | F |
16 de outubro de 1968 | F | H |
8 de xaneiro de 1969 | JT | sH |
29 de xaneiro de 1969 | N | H |
11 de abril de 1969 | H | K |
día de outubro de 1969 | Sh | H |
Significado das abreviaturas |
BH: Bill Humphries; C & CF: Cecily Farr; F & FD & FPD: Frank P. Doel; G&E: Genny & Ed; H & HH; Helene Hanff; JT: J[anet] Pemberton; M&C: Marks & Co.; MAX: Maxine; MB: Mary Boulton; MW: Meg/Megan Wells; N & ND: Nora Doel; sH: señorita Helene; Sh: Sheila Doel; +: tarxeta engadida |
[editar] Remisións e referencias
As referencias fanse máis reais coa aparición de amigos de Helen na librería (Maxine ou Ginny e Ed), os encontros deportivos, o intercambio mesmo da receita do budin con Meg e a contextualización histórica (a Coronación da Raíña Sabela II ou a elección de Churchill), pero tamén se vai notando unha constante nos intercambios escritos: o amor pola literatura, polos libros ben encadernados (que mesmo se personifican) e polas historias ben contadas. Fronte ós ollos do lector vai pasando o máis variado da literatura inglesa e da cultura clásica: Geoffrey Chaucer, William Blake, o Beowulf, Stratford-upon-Avon, Sam Pepys, Safo, Catulo, a Vulgata, Jane Austen, Horacio, Charles Dickens, Hazlitt, Stevenson, Walter Savage Landor, Jonh Henry Newman, Mary Shelley, Keats, Walton, M. de Tocqueville, Platón, John Done, Louis, duque de Saint-Simon, Oliver Cromwell, E. M. Delafield, Virginia Woolf, Friedrich Haendel, Johan Sebastian Bach, Kenneth Grahame, Tristram Shandy (que quizais lle dese nome á editorial galega Tristram), Ródope, a orixe irlandesa de Nora, etc.
A historia foi publicada por casualidade cando Helene as preparaba para un redixido curto: un amigo levoullas a un editor que as publicaría íntegras. Gracias á publicación do libro, a autora pode viaxar a Londres en 1971 e coñecer o tan longamente imaxinado Londres. En 1975, a BBC produce un telefilme coa obra e é levada ó teatro no Ambassador londinense (1981) e no Nederlander Teatre neoiorquino (1982). En 1987, o director de cinema David Jones dirixe a Anne Bancroft coma Helene e a Anthony Hopkins coma Frank, nunha película sobre literatura convertida posteriormente en obxecto de culto.
[editar] Edicións existentes
O texto (publicada en castelán polo Círculo de Lectores) levouse á television británica en 1975 protagonizada por Frank Finley e Anne Jackson e ó cine en 1987 da man de Anthony Hopkins e Anne Bancroft. Existe tamén como obra para teatro (representada polo menos en Santiago de Compostela e Lugo durante 2006)