Xiroscopio
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un xiroscopio é un aparello para medir e manter a orientación baseado no principio da conservación do momento angular. En Física, tamén se coñece como inercia.
O xiroscopio foi inventado no 1852 polo físico Foucault. En esencia, consiste nun rotor co eixe pendente dun soporte formado por dous círculos articulados entre si e o rotor por suspensións de Cardán. O principio do xiroscopio deriva do feito de que un sistema en rotación e mecanicamente illado conserva o mesmo momento cinético, de xeito que o seu eixo de rotación mantén unha dirección fixa con respecto a unha referencia galileana. Unha vez se ten posto en funcionamento o eixe queda fixo respecto ó da terra describindo un cono de revolución. Tamén pode servir como referencia angular e como estabilizador.