Talk:Wikipedia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
teño que dicir que todas estas normas...cúmplense millor na Galipedia, que por exemplo na Castelá, pois alá son moi "dictatoriais" e cométense moitísimas inxustizas, e faltas á verdade...etc etc...
Teño que da-las grazas a toda a galipedia por cumpliren tan bem as normas que neste artigo se ven, e ser neutrais. Pois coa anterior experiencia xa pensaba que non era posible...que os do "poder" impoñerían.
Grazas, e Felicidades po-lo excelente proxecto que é Galipedia, pois pode ser unha das mellores armas pra a cultura da Galiza.
apertas--Luimipi 14:15, 29 maio 2006 (UTC)
A maioría das ligazóns externas son de proxectos wiki que penso que mellor estarían, no seu caso, no artigo wiki. Aquí o parece lóxico que estiveran ligazóns externas que tiveran algo que ver coa Wikipedia. Ademais moitas das ligazóns son de proxectos pouco desenvolvidos ou que xa non teñen continuidade. É lóxico que continúen aí ou é mellor retiralas?--Miñato 21:14, 26 outubro 2006 (UTC)
- Tes razón, hai que revisar, retirar e mudar por outras. Anímaste? Un cordial saúdo. --Prevert(talk) 21:23, 26 outubro 2006 (UTC)
Dacordo, vou ver o que podo facer.--Miñato 21:26, 26 outubro 2006 (UTC)
- Modifiquei as ligazóns externas, se alguén considera que algunha non debería estar que mo indique para retirala.--Miñato 21:50, 26 outubro 2006 (UTC)