Vexetación de Europa
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
As zonas de vexetación de Europa espállanse polo continente (dun xeito aproximado), en faixas paralelas que van dende o Océano Atlántico ata os Montes Urales. É un cinto de árbores de folla caduca e coníferas: carballos, arces, olmos mesturados con piñeiros e abetos.
- As rexións árticas da Europa setentrional e as vertentes superiores das súas montañas caracterízanse por unha vexetación de tundra, constituída a base de liques, arbustos e flores salvaxes.
- As temperaturas do interior desta parte de Europa, máis suaves pero aínda frías, crean un ambiente favorábel para o desenvolvemento de coníferas como o piñeiro, aínda que tamén hai abidueiras e choupos.
- No centro de Europa, a maior parte da gran terra cha europea está cuberta de prados. Ucraína caracterízase pola estepa, unha rexión cha e seca de herba curta.
- As zonas próximas ó Mar Mediterráneo destacan polos froitos dalgunhas das súas árbores e arbustos, especialmente as olivas, os cítricos, os figos e a uva.
Ver:Entorno natural de la Unión Europea