Trono
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O trono é o ruído que fan os raios cando atravesan o ar. A luz chámase lóstrego.
Durante unha trevoada xéranse descargas eléctricas para equilibrar a diferenza de potencial entre o topo da nuve (cargas positivas), a base da nuve (cargas negativas) e o solo (carga positiva). A atmosfera funciona como isolador entre a nuve e o solo. Cando a enerxía envolvida nunha tormenta ultrapasa a resistencia do ar, xérase unha descarga entre o pólos de carga oposta. Esta descarga caracterízase por um raio con temperaturas elevadas que aquecen o ar á súaa pasaxe. O rápido aumento da presión e temperatura fan expandir violentamente o ar envolvente ao raio a velocidades superiores ás do som, xerándose unha onda de choque. O ribombar posterior a un trono débese ao eco da onda de choque nas altas camadas da atmosfera e na xeografía envolvente.
Nas proximidades do ponto de contacto do raio co chan rexístrase un nível sonoro de 120 dB. A proximidade do trono pode producir surdez temporaria e até mesmo rotura da membrana do tímpano e, consequentemente, surdez permanente.