The Simpsons
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
The Simpsons | |
Xénero | Comedia de animación |
---|---|
Formato de imaxe | 480i (SDTV) |
Duración | 21 - 23 minutos |
Creador(es) | Matt Groening |
Promotor(es) | James L. Brooks, Matt Groening, Sam Simon |
Produtor(es) executivo(s) | Al Jean, James L. Brooks, Matt Groening, Sam Simon |
Intérpretes | Dan Castellaneta, Julie Kavner, Nancy Cartwright, Yeardley Smith, Hank Azaria, Harry Shearer, Marcia Wallace, Pamela Hayden, Tress MacNeille, Maggie Roswell, Russi Taylor |
País de orixe | Estados Unidos |
Emisión orixinal | FOX |
Tempo de emisión | 17 de decembro de 1989 – presente |
Número de episodios | 381 |
Web oficial | |
IMDb profile | |
TV.com summary |
Os Simpsons (en inglés, The Simpsons) é unha serie de animación estadounidense de temática adulta creada por Matt Groening para a cadea de televisión americana FOX. Comezouse a emitir en España en abril de 1993 en TVE 2, mais por falta de audiencia foi retirada de emisión. Axiña, Antena 3 mercou os dereitos desta serie, que na emisión nesta cadea alcanzou un enorme éxito.
[editar] Historia
Os Simpsons ideáronse en 15 minutos na recepción dunha oficina. Matt Groening era un caricaturista cuxa tira cómica Vida no Inferno (en inglés Life in Hell) chamou a atención do produtor James L. Brooks que buscaba agregar unha sección animada para o programa "The Tracey Ullman Show", no canal FOX. Groening terminou de concebir ós Simpsons mentres facía espera para presentarlle as súas ideas ó produtor. O 19 de abril de 1987 nunha pequena curta de dous minutos titulado Good Night, Os Simpson fixeron a súa primeira aparición. Emitíronse corenta e oito curtas no programa, ata que a familia pasou a ter a súa propia serie, cuxo primeiro capítulo emitiuse o 17 de decembro de 1989. A cadea Fox tivo dúbidas sobre se a serie sería vista en horario de prime time, algo que non pasaba desde Os Picapedra, polo que planeou emitir só catro episodios na primeira temporada. James L. Brooks convenceu á cadea de que emitisen trece episodios. Con todo, pronto Os Simpsons convertéronse nun éxito de audiencia.
[editar] Temporadas
- Ver artigo principal: Lista de episodios de The Simpsons.
Actualmente a serie emitiu as súas dezaoito temporadas en Estados Unidos. Agora estase traballando na temporada 19 e FOX confirmou que a serie seguirá. Posúe o récord de ser a serie de debuxos animados con maior permanencia en horario central.
[editar] Temporadas dos Simpsons
- Primeira Temporada dos Simpsons
- Segunda Temporada dos Simpsons
- Terceira Temporada dos Simpsons
- Cuarta Temporada dos Simpsons
- Quinta Temporada dos Simpsons
- Sexta Temporada dos Simpsons
- Sétima Temporada dos Simpsons
- Oitava Temporada dos Simpsons
- Novena Temporada dos Simpsons
- Décima Temporada dos Simpsons
- Undécima Temporada dos Simpsons
- Duodécima Temporada dos Simpsons
- Decimoterceira Temporada dos Simpsons
- Decimocuarta Temporada dos Simpsons
- Decimoquinta Temporada dos Simpsons
|
||||
---|---|---|---|---|
Personaxes: | Homer Simpson | Marge Simpson | Bart Simpson | Lisa Simpson | Maggie Simpson | Outras Personaxes | |||
Produción: | Guionistas | Premios | Cancións | |||
Media: | Episodios | Curtas de Tracey Ullman | Filme | |||
Propios: | Apertura | Gag da Pizarra | Gag do saxofón | Gag do Sofá | Especiais de Halloween | Chistes típicos | Personaxes Famosos na serie | |||
Publicacións: | DVDs | Videoxogos | Bandas deseñadas de The Simpsons | Outras publicacións | |||
Related media: | Futurama | Life in Hell | The Critic | Mission Hill | |||
Outros: | Neoloxismos | Vehículos |