Teresina
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Teresina | |
---|---|
Estado | Piauí |
Área | 1.680 km² |
Poboación | 775.477 (2004) |
Altitude | 72 m sobre o nivel do mar |
Latitude | 05º 05' 12" S |
Lonxitude | 42º 48' 42" O |
Distancia de Brasilia | 1.789 Km (por estradas) |
Código postal (CEP) | 64000-000 |
Administración local: | Prefeitura Municipal de Teresina Pç. Mal. Deodoro, 860 |
Internet: | http://www.teresina.pi.gov.br |
Alcalde (Prefeito) | Sílvio Mendes de Oliveira Filho |
Mapa | |
Teresina é a capital do estado brasileiro do Piauí. Sitúase xunto ás marxes dos ríos Parnaíba e Poti, sendo a única capital de estado do Nordeste brasileiro que non está no litoral. É veciña, na outra marxe do Parnaíba, da cidade de Timon, no Maranhão.
Posui unha temperatura media anual de 28ºC, con máximas anuais que poden pasar dos 38ºC.
A cidade ten unha das mellores redes hospitalares do Nordeste do Brasil, e recebe pacientes de outras cidades e ata dos estados veciños (Ceará e Maranhão) que ali buscan modernos tratamentos de saúde. Según as estadísticas da Prefeitura da cidade, hai 634 empresas de saúde na cidade, sendo 8 hospitais, empregando no total 15 mil persoas.
Outras actividades económicas importantes son a industria (medicamentos, productos de hixiene, cerámica, téxteis, construcción civil, e un destaque especial para a industria de ropas, que xa exporta a outras rexións e países), o comercio e os servizos, e o turismo. Esta última actividade tem crecido grazas ó turismo de negocios e á descoberta polos visitantes do Sudeste e do Sur do Brasil dos atractivos turisticos do estado do Piauí, como o Parque Nacional de Sete Cidades e as dunas de area do delta do río Parnaíba. Como Teresina ten mellor infraestructura hoteleira, funciona como escala nestas visitas.
Pero a pesar da importancia de Teresina, a cidade aínda é a capital de un dos estados máis pobres da federazón brasileira, e as principais estradas que ligan a cidade co Sur do Brasil, co Recife e co Brasilia están en precaria conservación.