Piauí
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Estado de Piauí | |
---|---|
Capital: | Teresina |
Área: | 252.378 km2 |
Poboación | 2.843.428 (Censo 2000) |
Fuso horario: | GMT-3 |
Gobernador: | Wellington Dias (dende 2004) |
Mapa | |
Mapa do estado no Brasil |
O Piauí e un estado da Rexión Noreste de Brasil. Ten por límites o estado de Maranhão ó oeste; o Océano Atlántico ó norte; os estados de Ceará e Pernambuco ó este; e o estado de Bahia e parte do estado de Tocantins ó sur. Ten 1,64% da poboación do Brasil. A súa capital e a cidade de Teresina.
[editar] Economía
E un dos estados máis pobres do Brasil, e participa somente co 0,5% do Producto Interno Bruto do país. Os servizos representan máis de 60% do Producto Interno, a agricultura e gandería representan 9,1% e a industria 26,3% (datos de 2002).
Os principais productos exportados son: cera vexetal (extraída de palmas), soxa (introducida no estado nos anos 1990), confeccións, castaña de anacardio, cangrexos e outros crustáceos, e couro. Non hai moitas e variadas industrias (os principais productos industrializados ven de outras rexións). A gandería e feita de modo extensivo, principalmente para consumo interno. O este e sur do estado sofren coas secas periódicas do Sertão brasileiro, que afectan a gandería e agricultura e producen o éxodo de persoas para outras rexións e grandes cidades.
O turismo ten algun potencial no litoral (delta do río Parnaíba, xunto co estado do Maranhão) e nos Parques Nacionais de Sete Cidades e da Serra da Capivara, situados ó sur do estado. Pero esses dous parques nacionais sofren coa falta de un aceso máis fácil que permita un número expresivo de visitantes e, así, o turismo representa pouco para o Producto Interno do estado. O Parque Nacional da Serra da Capivara e tamén considerado un Património da Humanidade pola UNESCO por súas pinturas rupestres.
[editar] Ligazóns externas
- Goberno do Estado do Piauí en portugués. Moitas informacións, notícias e fotos.
- O Dia xornal editado no estado de Piauí. En portugués.
- Diário do Povo outro xornal editado no estado. En portugués.