Terauchi Masateke
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Terauchi Masatake (寺内 正毅 1852 – 1919) foi un militar e político xaponés, primeiro ministro entre o 9 de outubro de 1916 e o 29 de setembro de 1918.
Loitou, como soldado, nas guerras civís xaponesas contra o goberno do shogún, perdeu a mobilidade na man dereita durante a campaña contra dos rebeldes de 1877. Destinado en Francia para ampliar a súa formación militar, en 1901 foi nomeado ministro do exército, contribuíndo á vitoria na Guerra Ruso-Xaponesa (1904-1905).
Como o terceiro Xeneral-Residente de Corea, el executou a anexión de Corea en 1910 e converteuse no seu primeiro Gobernador Xeneral. Durante a Primeira Guerra Mundial, foi nomeado primeiro ministro e enviou tropas xaponeses a Siberia para coutar a expansión da Revolución rusa á rexión.