Tempo central europeo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Abreviadamente CET (Central European Time), baséase no fuso horario de case toda Europa agás Portugal, Reino Unido e Irlanda. Equivale a unha hora máis cá do UTC. Utilizase durante o inverno. Durante o verán aplicase o chamado CEST que equivale a 2 horas máis ca UTC.
Galicia é a rexión máis occidental que utiliza o CET (en concreto o cabo finisterre, a 9º 16' Oeste). Obviamente, tamén é a rexión máis occidental que usa o CEST.