Tartaruga
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Tartarugas | ||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Classificación científica | ||||||||
|
||||||||
Familias | ||||||||
Chelydridae Testudinidae Bataguridae Emydidae Carettochelyidae Trionychidae Dermatemydidae Kinosternidae Platysternidae Cheloniidae Dermochelyidae Chelidae Pelomedusidae Podocnemididae |
A tartaruga (ou sapoconcho) é un animal réptil da orde Testudinata. Pode vivir indistintamente fóra ou dentro da auga, e caracterízase por ter unha dura cuncha que lle serve de defensa ante os depredadores, posto que de non tela e pola súa gran lentidude sería moi vulnerábel. O grupo ten cerca de 300 especies e ocupa hábitats diversificados como oceános, ríos ou florestas tropicais.
As tartarugas reprodúcense por medio de ovos que soterran a unha certa profundidade para que os depredadores non poidan alcanzalos. Cando as pequenas tartarugas nacen teñen que chegar rápido á auga, sendo este uns dos momentos máis perigosos da súa vida, por seren febles e, loxicamente, atopárense expostas a moitos depredadores.
[editar] Algunhas especies
- Acuáticas
- Sapo-concho común (Emys orbicularis). Tamén se lle chama tartaruga (de auga) e sapo-concho pintado.
- Sapo-concho riscado (Mauremys leprosa). Tamén ten o nome de sapo-concho leproso. En español chámanse "galápagos".
- Tartaruga de auga de Florida (Trachemys scripta elegans)
- Tartaruga de coiro (Dermochelys coriacea)
- Tartaruga mariña común (Caretta caretta)
- Tartaruga mariña verde (Chelonia mydas)
- Tartaruga (mariña) carei (Eretmochelys imbricata)
- Tartaruga mariña pequena (Lepidochelys Kempii)
- Terrestres
- Tartaruga de terra arxentina (Geochelone chilensis).
- Tartaruga de terra rusa (Testudo horsfieldi)
- Tartaruga moura (Testudo graeca)
- Tartaruga mediterránea (Testudo hermanni)
[editar] Bibliografía
Ayres, C. y Cordero, A. (2002). La situación de los galápagos en Galicia. Quercus 201: 20-24.
Ayres Fernández,C. & Cordero Rivera,A. 2001. Sexual dimorphism and morphological differentiation in European pond turtle (Emys orbicularis) populations from northwestern Spain. Chelonian Conservation and Biology 4, 100-106.
Cordero, A. & Ayres, C. (2004). A management plan for the European pond turtle (Emys orbicularis) populations of the river Louro basin (NW Spain). Biologia, 59/Suppl. 14, 161-171.
GALÁN REGALADO, P. e FERNÁNDEZ ARIAS, G.: Anfibios e réptiles de Galicia, colección Montes e Fontes, Ed. Xerais de Galicia, 1993, Vigo.
Galán,P. 1999. Conservación de la Herpetofauna Gallega. A Coruña: Universidade da Coruña.
Sociedade Galega de Historia Natural 1995. Atlas de Vertebrados de Galicia. Santiago de Compostela: Consello da Cultura Galega.