Taiwán - 臺灣
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
En galego: Taiwán, En chinés: Tradicional: 臺灣 or 台灣; Simplificado: 台湾; (mandarín) pinyin: Táiwān; Wade-Giles: T'ai-wan; Taiwanés: Tâi-oân
A República de China (中華民國 ZhongHuá MínGuó, comunmente chamada Taiwán) é un territorio asiático formado por un arquipélago do que a illa de Taiwán (tamén chamada Formosa) é a máis importante. A República de China deixou de ser membro das Nacións Unidas cando os países membros decidiron que o fora a República Popular China. Taiwán é recoñecido como a Republica de China por 27 países. Non é recoñecida pola maioría dos países do mundo, aínda que tivo e ten relacións económicas e militares con moitos deles.
Índice |
[editar] Historia
A illa estivo controlada entre 1624 e 1662 polos holandeses ata que foron expulsados por Cheng Cheng-Kung (鄭成功) (tamén coñecido por Koxinga - 國姓爺), un antigo pirata ás órdes da dinastía Ming, organizando a primeira vaga de colonizadores chineses na illa, que desprazarían gradualmente ós habitantes orixinais cara ó interior. Trala Guerra chino-xaponesa de 1894-1895, China foi obrigada a ceder Taiwán a Xapón - 日本 a perpetuidade.
Tras a fin da segunda guerra mundial en 1945, Xapón - 日本 aceptou os términos da Conferencia de Potsdam que facían referencia á Conferencia do Cairo pola cal a illa retornaba a China. As tropas recén chegadas masacraron a uns 30.000 nativos, posteriormente chegaron dous millóns de refugiados dende o continente, trala derrota na guerra civil a mans das forzas do Partido Comunista Chinés, comandadas por Mao Tse Tung - 毛澤東. No tratado de paz de San Francisco que entrou en vigor o 28 de abril de 1952, Xapón renunciou formalmente á soberanía sobre a illa e sobre as Illas Pescadores - 澎湖群島. O tratado non facía referencia a quen debería entregarse a illa, o cal serviu como xustificación ós partidarios da independencia da illa.
O Kuomintang mantivo unha dictadura ata 1991, primeiro dirixida por Chiang Kai Chek - 蒋介石, sucedido á súa morte polo seu fillo Chiang Ching-kuo - 蔣經國, e despois por Lee Teng-hui - 李登輝. Ata 1987 mantívose o estado de guerra, Taiwán foi o representante oficial de China na ONU ata 1979. Nos Anos 1990 asístese á progresiva democratización da illa, culminando nas eleccións do ano 2000, en que por primeira vez o KMT é derrotado, accedendo á presidencia Chen Shui-bian - 陳水扁.
[editar] Organización político-administrativa
Oficialmente Taiwán segue considerándose a si mesma como a verdadeira representante de toda China, polo que legalmente segue sendo unha provincia máis.
[editar] Xeografía
A illa de Taiwán está situada a 200 kilómetros ó surleste da China continental, separadas polo Estreito de Taiwán - 台灣海峽.
Existe un contraste entre os dous tercios orientais da illa, cun terreo moi montañoso, con cinco cordilleiras dispostas de norte a sur, culminando no pico YuShan - 玉山 a 3.952 metros. A zona chá está na costa occidental, onde se concentra case toda a poboación.
O clima de Taiwán é tropical marítimo. A estación das choivas dura dende xuño ata agosto afectada polo monzón do suroeste. Tifóns e terremotos son frecuentes na illa.
[editar] Economía
A chegada de chineses de clase media e alta en 1949, tradicionalmente dedicados ó comercio, os investimentos xaponeses e os de Estados Unidos, converteron a Taiwán nun dos novos países industrializados. O país adaptouse ben á Crise de 1973, reconvertindo as súas industrias ó sector das altas tecnoloxías, e hoxe é un dos primeiros fabricantes mundiales de microprocesadores.
Recentemente Taiwán pasou a converterse nun dos maiores inversores na República Popular China.
[editar] Demografía
Case tódolos taiwaneses son descendentes de emigrantes da China continental, chegados nos séculos XVII e XIX e sobre todo en 1949, cando os partidarios do Kuomintang se refuxiaron na illa.
Dos habitantes orixinarios da illa (malaio-polinesios), só uns 370.000 sobreviven nas zonas montañosas do interior da illa.
[editar] Cultura
Lingüisticamente, a illa de Taiwán está considerada o berce das linguas malaio-polinesias, xa que dos catro grupos nos que se divide a familia todos están presentes na illa e un deles é a orixe do resto de linguas que se falan en Madagascar - Madagasikara, Indonesia, Filipinas - Pilipinas e a Polinesia.
[editar] Enlaces externos
- Páxina oficial do goberno (en inglés)
- Directorio oficial (en inglés)
- Radio Taiwan Internacional
- Relacións entre Taiwán e a UE (en francés)
Países do mundo | Asia |
Afganistán | Arabia Saudí | Armenia | Acerbaixán | Bahrain | Bangladesh | Brunei | Bután | Camboxa | Casaquistán | China | Corea do Norte | Corea do Sur | Emiratos Árabes Unidos | Filipinas | Xeorxia | Iemen | India | Indonesia | Irán | Iraq | Israel | Kuwait | Laos | Líbano | Maldivas | Malaisia | Mongolia | Myanmar | Nepal | Omán | Paquistán | Qatar | Quirguicistán | Singapur | Siria | Sri Lanka | Taxiquistán | Tailandia | Taiwán | Timor Leste | Turcomenistán | Turquía | Usbequistán | Vietnam | Xapón | Xordania |
Países con parte do seu territorio en Asia |
Categorías: Países | Asia