Sophia Brahe
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Sophia Brahe (1556-1643) foi unha astrónoma danesa que axudou ó seu polifacético irmán Tycho Brahe, 10 anos maior, nos seus estudos astronómicos, que foron básicos para determinar os sistemas orbitarios planetarios coñecidos actualmente.
Foi o mesmo Tycho quen coidou da súa educación cando se fixo evidente o seu interese polo estudo. A súa axuda extendeuse á astronomía, pero tamén ós outros traballos mantidos polo irmán no campo da saúde, dos cultivos ou a historia, chegando a ser, o mesmo que o irmán, unha lenda viva. É hoxe o día no que nalgunha universidade úsanse as súas crónicas como metodoloxía exemplar nas técnicas de investigación. Unha cita, extraída dunha publicación danesa de 1846 é ilustrativa sobre esta muller: “Cando Dinamarca lembra ó seu fillo Tycho, non debera esquecer a noble muller que era a súa irmá, máis en espírito que no sangue. Esta estrela surxida no noso ceo danés era polo tanto unha estrela dobre”