Sionismo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O sionismo é un movimento que defende a volta dos xudeus a Palestina (Haaretz). Cando o xornalista vienés Theodor Herzl asistiu en Paris á degradación do oficial Dreyfus, inxustamente acusado de espionaxe por ser xudeu, decatouse de que o seu povo nunca se integraría en Europa, o que o levou a fundar en Basilea en 1897 a Organización Sionista Mundial (de Sión, monte de Xerusalén), que recadaba fundos para comprar terreos e favorecer a inmigración a Palestina. A afluencia de inmigrantes non era ben vista pola populación árabe estabelecida durante séculos na zona, dando lugar a levantamentos coas conseguintes prohibicións á inmigración, até que os xudeus conseguiron do governo inglés a Declaración Balfour, na que este se comprometía á criación dun fogar xudeu. O holocausto nazi durante a Segunda Guerra Mundial sensibilizou aos governos e levou á decisión da ONU da partición de Palestina nun estado xudeu e outro árabe. A populación local e os governos árabes non aceitaron esa decisión e comezou un conflito que ainda non se resolveu.