Patrimonio da Humanidade
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un lugar de patrimonio mundial é aquel lugar especificamente clasificado pola UNESCO, organización das Nacións Unidas para a Cultura, Ciencia e Educación (exemplos: bosques, cordilleiras, lagos, desertos, edificios, complexos ou cidades).
O programa de clasificación visa a catalogar e preservar lugares de excepcional importancia cultural ou natural, como patrimonio común da humanidade (ver os criterios). Os lugares da lista poden obter fondos do World Heritage Fund baixo determinadas condicións. O programa foi fundado pola Convención sobre a Protección do Patrimonio Cultural e Natural, adoptado pola Conferencia Xeral da UNESCO de 16 de Novembro de 1972.
A finais de 2004, un total de 788 lugares estaban listados, sendo 611 culturais, 154 naturais e 23 mixtos, en 134 diferentes países).
[editar] Patrimonio Mundial en Perigo
A conservación do Patrimonio Mundial é un proceso continuo. Se un país non protexe os lugares inscritos, corre o risco de que eses lugares sexan retirados da Lista do Patrimonio Mundial. Os países deben informar periodicamente o Comité do Patrimonio Mundial sobre o seu estado de conservación.
Se o Comité do Patrimonio Mundial é avisado sobre posíbeis perigos para un sitio, el é incluído na Lista do Patrimonio Mundial en Perigo, co fin de chamar a atención mundial sobre as condicións, naturais ou criadas polo ser humano, que ameazan as características polas cales inicialmente se incribiu o sitio na Lista do Patrimonio Mundial.
[editar] Listas de Lugares Patrimonio Mundial
- Patrimonio Mundial (lista de lugares)
- Lista de Lugares Patrimonio Mundial en España
- Lista de Lugares Patrimonio Mundial en África
- Lista de Lugares Patrimonio Mundial na Asia e Australia
- Lista de Lugares Patrimonio Mundial na Europa
- Lista de Lugares Patrimonio Mundial nas Américas
- Lista do Patrimonio Mundial en Perigo
[editar] Ligazóns externas
- UNESCO - Páxina oficial
- Weblog on UNESCO World Heritage topics