Santos, Brasil
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Lema municipal (Latín): Patriam Charitatem et Libertatem Docui |
|
latitude | 23° 58' sur |
lonxitude | 46° 20' oeste |
Área | 271 km2 |
Poboación estimada | 418.147 (2003) |
Fundación | 26 de xaneiro de 1546 |
Código telefónico | 55-13 |
Alcalde (Prefeito) | João Papa |
Santos e unha cidade do litoral do estado de Sao Paulo, dende sitúase o principal porto maritimo do Brasil e tamén da América Latina, o Porto de Santos. Está a 23° 58' de latitude sur e 46° 20' de lonxitude oeste, e a 70 km de distancia da capital do estado, a cidade de Sao Paulo, a cal se liga por dúas estradas: Rodovia Anchieta (máis antiga) e Rodovia dos Imigrantes (máis moderna). Para transporte de carga hai tamén dúas liñas de ferrocarril dirixindose ó interior do estado e pasando pola capital. Tamén se liga coa cidade do Río de Xaneiro pola estrada Rio-Santos.
Uns 39 km2 do município están na parte este da illa de Sao Vicente, moi plana e xunto á costa, na cal concentrase a maioría de súa poboación. Os máis de 230 km2 sitúados no continente son pouco poboados e posuen reservas ecolóxicas de Mata Atlántica.
Santos vive de seu porto, do turismo, de algunhas industrias importantes e ten un variado comercio, bancos e servizos. No verán no hemisferio sur (decembro ata febreiro) o movimento de turistas - principalmente da capital e das cidades do interior do estado - crece moito, pero decrece despois, ata o mes de xullo, que e o segundo período de vacacións escolares no Brasil. Moitas persoas idosas, xubilados que traballaron na capital do estado, mudanse para Santos despois da xubilación. Así, as persoas de máis de 65 anos representan hoxe casi 20% da poboación total.
Nun equipo da cidade, o Santos Futebol Clube, destacouse o máis coñecido xogador brasileiro de fútbol de todos os tempos: Edson Arantes do Nascimento. A súa alcuña: Pelé.
[editar] Ligazón externa
- Prefeitura Municipal de Santos - administración municipal. Moitas informacións, en portugués.
- Old Postcards from Brazil - Postais (en portugués)