Sandhi
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O termo sandhi (ou sandi) adoptouse dos antigos gramáticos da India para designar os trazos de modulación e modificación fonética que afectan ao son inicial e/ou final de certas palabras, morfemas ou sintagmas.
A forma pronunciada en posición isolada é a forma absoluta, mais no seo do discurso esas palabras, morfemas ou sintagmas vense afectados por determinados outros sons e adoptan entón as formas do sandhi. En francés, por exemplo, a palabra six ("seis") pronunciase /sis/ cando se pronuncia ela só; no sintagma ils sont six ("eles son seis") pronúnciase [il sɔ̃ sis], pero en six oiseaux ("seis páxaros") e six livres ("seis libros") ten dúas finais sandhi: [siˈzwazo] e [siˈlivr].
En galego, o -r final dos verbos pode lateralizar, como por exemplo en "comer o caldo" a [koˈmeloˈkaldo]
[editar] Artigos relacionados
sandhi tonal sandhi (sánscrito)