Sandhi tonal
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O sandhi tonal é un fenómeno de sandhi que se produce nas linguas tonais. Existe en todas as linguas con tons, pero parece máis extendido nalgunhas que noutras.
En mandarín, o sandhi tonal máis frecuente consiste en pronunciar unha sílaba orixinalmente no terceiro ton ante outra sílaba no terceiro ton como unha sílaba do segundo ton. Por exemplo, a frase nǐhǎo (ola, en pinyin) é pronunciada de feito níhǎo.
O sandhi tonal en Hakka é máis complexo, e aínda máis na rexión de Minnan. Para amosar ata que punto o sandhi tonal afecta ao significado nela, consideremos a combinación dos morfemas taiwaneses kiaⁿ (asustado) e lâng (persoa), que cambia de senso segundo o ton. Prononciado kiaⁿ7-lâng5, significa "ter medo da xente", mentres que pronunciado kiaⁿ1-lâng1, significa "aterrador".
O cherokee ten un sistema tonal forte no seo do cal os tons poden seren combinados de diversas maneiras segundo regras tonais complexas e sutís que admiten variantes segundo as tribos. Mesmo se este sistema tonal se simplifica pouco e pouco, a causa da prevalencia do inglés, este fica moi importante para o senso.