Sárdoma, Vigo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
San Pedro de Sárdoma é unha parroquia do concello de Vigo.
- Limita cas parroquias de Beade, Castrelos, Freixeiro, Lavadores e Vigo Centro e pertence ó arciprestazgo de Vigo-Lavadores.
- Ten 9 entidades de poboación, 5 lugares e 1.992 veciños (2003)
- As súas entidades de poboazón son as seguintes: Fragosiño (73), Laxe (566), O Lameiro (182), O Marco (58), Moledo (318), O Outeiro (109), A Pescadeira (81), O Raviso (581) e Relfas (24).
- Os lugares (que xeralmente forman parte de algunhas das entidades): O Freixo, Louxadas, Monte da Serra, A Raposeira e A Salgueira.
Consérvanse, da época medieval, o pazo da Raposeira (do ano 1625), o pazo de San Roque (1688) e a Casa Grande de Aires, do século XVIII. Destaca tamén un ponte medieval, aínda en uso, dos séculos XII-XIII. A igrexa parroquial, o adro, o cemiterio e a casa reitoral son do século XVIII. A parroquia posúe dous cruceiros, un no adro da igrexa e outro na Laxe.
Lugares da parroquia de Sárdoma no concello de Vigo na Provincia de Pontevedra | |
---|---|
Fragosiño | Laxe | Lameiro, O | Marco, O | Moledo | Outeiro, O | Pescadeira, A | Raviso, O | Relfas |