Castrelos, Vigo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Santa María de Castrelos é unha parroquia do concello de Vigo.
- Limita cas parroquias de Beade, Coia, Freixeiro, Matamá e Sárdoma e pertence ó arciprestazgo de Vigo-San Andrés.
- Ten 15 entidades de poboación, 11 lugares e 7.849 veciños (2003)
- As súas entidades de poboazón son as seguintes: Castreliños (125), A Chantada (220), A Costa (205), A Falcoa (539), A Galindra (150), Macal (295), Pardarilla (200), Pazó (506), Pereiró (4.388), Portoloureiro (257), Pousa (105), Pousa de Abaixo (124), Ribadavia (155), A Telleira (249) e Viloura (331).
- Os lugares (que xeralmente forman parte de algunhas das entidades): Alvite, Campiño, A Canivouva, O Cocho, Eixón, A Igrexa, Monte da Serra, Nogueira de Abaixo, Pasales, Seixo e Xiña.
Ten a súa orixe na propiedade particular do marqués de Valadares que adquiriu as terras para expansión dos seus dominios e dalas en arrendamento a colonos. O gránito destas terras constituía a súa principal fonte de riqueza, destacando as canteiras de Serra e Porto Loureiro.
O parque urbano máis grande de Vigo está nesta parroquia, cunha extensión de 22.000 metros cadrados. Nel atópase o Pazo Quiñones de León (reconvertido en museo) rodeado duns grandes xardíns que limitan co río Lagares. O pazo ten a súa orixe na Torre de Lavandeira, abandoada trala retirada do exército portugués entre os anos 1665 e 1670. O antigo edificio fora tributario da Orde do Temple, converténdose en torre no século XVI.
Tamén no parque de Castrelos atópase un antigo auditorio ó aire libre (que aproveita a pendente natural do terreo) que se utiliza para a celebración de concertos e festivais no verán.
A igrexa de Santa María (de estilo románico) foi consagrada no 1216. destaca a rica ornamentación da súa porta occidental. Na zona conservánse ademais unha ponte medieval e un cruceiro do século XVII.
O 2 de febreiro celébrase a romaría da Candelaria e, a derradeira semana de maio, a Festa das Flores.
Lugares da parroquia de Castrelos no concello de Vigo na Provincia de Pontevedra | |
---|---|
Castreliños | Chantada, A | Costa, A | Falcoa, A | Galindra, A | Macal | Pardarilla | Pazó | Pereiró | Portoloureiro | Pousa | Pousa de Abaixo | Ribadavia | Telleira, A | Viloura |