Rio Branco (Acre)
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Rio Branco | |
---|---|
Estado | Acre |
Área | 9.233 km² |
Poboación | 305.731 (est. 01-xul-2005) |
Fundación: | 28 de decembro de 1882 |
Altitude | 136 m sobre o nivel do mar |
Latitude | 9 °58’29" S |
Lonxitude | 67° 48’36" O |
Distancia de Brasilia | 3105 Km (por estradas) |
Código postal (CEP) | 69900-000 |
Administración local: | Prefeitura Municipal de Rio Branco Rua Coronel Alexandrino, 301 Bosque |
Internet: | http://www.riobranco.ac.gov.br |
Alcalde (Prefeito) | Raimundo Angelim |
Mapa | |
Rio Branco é a capital e cidade máis importante do estado brasileiro do Acre, sitúado na Rexión Norte do Brasil. Orixinouse a partir de un pequeno poboado creado para extración de caucho na rexión, o Seringal Empresa, en 28 de decembro de 1882.
O seu nome débese a unha homenaxe a José Maria Paranhos Junior, Barón do Río Branco, diplómata brasileiro que negociou coa Bolivia o Tratado de Petrópolis, o cal garantiu a pose da rexión para o Brasil. En 1920 a cidade pasou a ser capital do entón Território do Acre.
É a capital de estado sitúada máis a oeste do Brasil, non moi distante das fronteiras con Perú e Bolivia. Ligase ós pontos de fronteira e tamén a Brasilia por estradas asfaltadas. A cidade vive principalmente do comercio e servizos, e ten unhas poucas industrias. Non é moi coñecida polas persoas do Sudeste e do Sur do Brasil (principais orixes dos turistas brasileiros, por seren tamén as rexións economicamente máis ricas) debido á súa grande distancia destas rexións (ata Sao Paulo, por exemplo, son 3642 km), e a non constar de grandes roteiros turísticos do país. Espérase que terá un grande crecemento cando concluirse a ligazón por estrada asfaltada entre Brasil e Perú, dando acceso ós portos peruanos no Océano Pacífico.