Océano Pacífico
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os 5 Océanos |
---|
|
O Océano Pacífico é a maior masa marítima do globo, situada entre a América, a leste, a Asia e a Australia, a oeste, e a Antártida, ao Sur. Con 180 millóns de km², o Pacífico cobre case un terzo da superficie do planeta e corresponde a case metade da superficie e do volume do océano [ten 707,5 km de fosas, e 87,8% da súa área apresenta profundidades superiores a 3.000 m; é o océano con maior profundidade media (-4.282 m) e onde se localizan as maiores fosas submarinas (fosa das Marianas, con -10,912 m)]. A súa forma groseiramente circular é delimitada por marxes continentais activas (que corresponde ao circo de fogo do Pacífico) baixo as cais se afunda unha crosta oceanica en rápida expansión.
Descoberto polos europeos no 1513 (Balboa) e transposto pola primeira vez en 1520 (Fernán de Magalláns), o Pacífico ten asistido a un crecimento da súa importancia como vía de ligación entre algunhas das rexións de maior dinamismo económico da atualidade (Extremo Oriente e costa occidental da América do Norte).
[editar] Morfoestructura do fundo oceánico
]
Flanqueado por cadeas montañosas recentes, con intensa actividade vulcanica, o Pacífico é percorrido por un vasto sistema de dorsais. A dorsal Sudeste-Pacífica constitui un prolongamento, a través da dorsal Pacífico-Antártica, das dorsais do océano Índico (dorsal Antártico-Autraliana). En súa porción setentrional atinxe as latitudes do litoral mexicano, desaparecendo ao penetrar no golfo de California. Tratase dunha dorsal en rápida expansión (entre 8,8 e 16,1 cm por ano), sen fosa axial. As zonas de fracturas que a segmentan son numerosas, con deslocamento pronunciado. Esa dorsal emerxe na latitude da illa de Pascua, unindose á dorsal do Chile, que se liga á costa meridional da América, e na latitude das illas Galápagos, unindose á dorsal de Cocos ou das Galápagos. Esas dorsais dividen o Pacífico en tres conxuntos . Os fundos oceánicos situados ao leste da dorsal Sudeste-Pacífica pertence a placa litosférica da Antártida (que corresponde á bacia Pacífico-Antártica e á planicie abisal de Bellingshausen), á placa de Nazca (bacias Peruana e Chilena, separadas pola dorsal de Nazca) e á placa de Cocos (limitada pola dorsal de Cocos). Todo o inmenso conxunto de fundos oceánicos situados a Oeste da dorsal Sudeste-Pacífica é sustentado pola placa litosférica Pacífica, que a Oeste América do Norte apresenta grandes zonas de fracturas, con relevos monumentais, aliñados por millares de kilómetros ao longo de antigas fallas de transformación. Máis a oeste, o centro do océano Pacífico é entrecortado por cadeas submarinas e grandes edificios vulcanicos, ora emerxindo en forma de illas (Hawai, Marquesas, Marshall, Carolinas), freqüentemente coroadas por formacións coralíneas (atóis). As bacias oceanicas que as rodeian (Medio-Pacífica, Melanesia, Nordes, Noroeste) apresentan unha delgada cobertura sedimentar sobre a crosta basáltica. A presenza das fosas oceanicas periféricas, ao longo dos arcos insulares (Aleutas, Kuriles, Xapón, Marianas, Filipinas, Salomón, Tonga, Kermadec) e da costa occidental da América (Chile, Perú, América Central) explicase por correspondere a zonas de subducción da crosta oceanica, en que está mergulla baixo as placas litosféricas Americana, ao leste, e Eurasiática e Indo-Australiana, ao Oeste. Son áreas de intensa actividade sísmica e vulcanica, suxeitas á ocorrencia de maremotos.
[editar] As Augas:
A conformación das cuncas do Pacífico explica a relativa simplicidade das correntes mariñas que ahí inciden. As correntes norte-ecuatorial e sur-ecuatorial movense de leste para oeste, determinando a existencia de correntes quentes ao longo das fachadas orientais dos continentes, compensadas por correntes frias que decenden para o ecuador ao longo das fachadas occidentais (locais privilexiados para a pesca en grande escala). Nas latitudes medias, as correntes quentes atopanse coas augas frías provintes das rexións polares. Tal fenomeno é particularmente craro no hemisferio Norte, onde a Kuroshio, quente, encontrase coa Oyashio, fría, ao longo do Xapón.
De xeito xeral, a salinidade das augas é pouco elevada, pois os valores máximos xamais sobrepasaron 365 por mil. As temperaturas das augas de superficie dispoñense en zonas, aumentando dos Pólos para os Trópicos. O calor das augas da zona intertropical permite a proliferación dos corais, que forman illas (atolóns) ou barreiras (recifes) nas orlas continentais.
As augas máis peixeiras situanse nas latitudes temperadas, onde o revolver das correntes garante unha excelente oxixenación.