Rhythm and blues
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O Rhythm & Blues (ou R&B) é un termo musical de marketing introducido en Estados Unidos en 1949 por Jerry Wexler da revista Billboard, e foi designado como unha mestura de jazz, gospel e blues. Substituíu ao termo coñecido como "música negra", considerado ofensivo, así como á categoría de Billboard "Harlem Hit Parade" en xuño de 1949, e principalmente era usado para identificar o estilo musical que máis tarde evoluiría no rock and roll.