Privacy Policy Cookie Policy Terms and Conditions Real Club Celta de Vigo - Wikipedia

Real Club Celta de Vigo

Na Galipedia, a wikipedia en galego.

R. C. Celta de Vigo
logo
Nome completo Real Club Celta de Vigo S.A.D.
Alcume(s) Celtiñas, celtistas
Fundación 1923
Nome do estadio Estadio Municipal de Balaídos,
Vigo,
Inauguración 30 do decembre do 1928
Capacidade 31.800
Presidente España Manuel Carlos Mouriño Atanes
Adestrador España Fernando Vázquez Pena
Liga La Liga
Temp. 2005-06
Páxina web oficial
Team colours Team colours Team colours
Team colours
Team colours
 
Na súa casa
Team colours Team colours Team colours
Team colours
Team colours
 
Fóra

Equipo fundado na cidade de Vigo por unión do Vigo Sporting e o Fortuna de Vigo. A súa vestimenta é de cor celeste. O seu estadio é Balaídos.

Índice

[editar] Ficha do equipo

  • Denominación: Real Club Celta de Vigo, SAD
  • Forma xurídica: Sociedade Anónima Deportiva (SAD)
  • Ano de fundación: 1923
  • Presuposto tempada 2005-06 :
  • Actual presidente: Manuel Carlos Mouriño Atanes
  • Nº de socios: 15.000
  • Patrocinadores: Citröen, Fontecelta, Faro de Vigo...

[editar] Enderezos

Sede Social
Rúa Conde de Gondomar, 1
36203 Vigo
Tel.: (+34) 986110900
Fax: (+34) 986292040

Apartado 6143
36200 Vigo

Enderezo electrónico oficial

Cidade Deportiva da Madroa
A Madroa-Candeán s/n 36217 Vigo
Tel.: (+34) 986281862
Fax: (+34) 986281898

Museo do Club
Rúa Olímpicos s/n 36210 Vigo
Tel.: (+34) 986213676
Fax: (+34) 986244119

[editar] Vestimenta

  • 1ª Vestimenta: camiseta azul celeste cunha cruz vermella enriba do ombreiro que simboliza a Cruz de Santiago, pantalón branco e medias azul celeste.
  • 2ª Vestimenta (tempada 2005-2006): camiseta e pantalóns vermellos burdeos, con adornos laranxas.
  • 3ª Vestimenta (tempada 2005-2006): camisola dividida en duas partes iguais por unha liña vertical que nace no pico do pescozo, a cada lado van as cores de Vigo (dereita vermello, esquerda branco), pantalón e medias vermellos.

[editar] Estadio

  • Denominación: Estadio Municipal de Balaídos
  • Ano da inaguración: 1928
  • Última remodelación: 1980
  • Capacidade: 31.800 espectadores (sentados)
  • Dimensións do campo: 105 x 68 m
  • Outras instalacións: Complexo Deportivo da Madroa e Campo de Fútbol de Barreiro

[editar] Xunta directiva

  • Presidente: Manuel Carlos Mouriño Atanes
  • Vicepresidente 1º: Ricardo Barros Hermida
  • Vicepresidente 2º e Secretario: Roberto Prieto Baena
  • Vicepresidente 3º: Antonio Rodríguez González
  • Vocais: José García Costas, Fernando Mosquera Herrero e Alfredo Rodríguez Millares.
  • Xerente: D. Sabino M López García

[editar] Equipo 2006/07

[editar] Xogadores

Números dacordo coa web oficial del club e da LFP Datos do 1 de Agosto de 2006

Posto Nac. Xogador Alcume
1 P Spain Esteban Andrés Suárez Esteban
2 DF Brasil George Lucas Lucas
3 DF Argentina Matías Emanuel Lequi Lequi
4 M Galicia Borja Oubiña Meléndez Oubiña
5 M Brasil Everton Giovanella Giovanella
6 M Brasil Roberto Sousas Rezende Roberto
7 M Spain Antonio Núñez Núñez Núñez
8 DF Spain Ángel David López Ruano Ángel
9 DI Spain Antonio Guayre Betancour Perdomo Guayre
10 DI Spain Francisco Javier García Guerrero Javi Guerrero
11 M Argentina Gustavo López
12 DF Argentina Diego Rodolfo Placente Placente
13 P Spain José Manuel Pinto Colorado Pinto
Posto Xogador Alcume
14 DI Spain José Jesús Perera López J. Perera
15 DF Chile Pablo Contreras Fica Contreras
16 M Spain Roberto Lago Roberto Lago
17 M Argentina Carlos Vela Vela
18 DI Brasil Joao Fernando Nelo Baiano
19 DF Spain Yago Yao Alonso-Fueyo Sako Yago Yao
20 M Galicia Jonathan Aspas Juncal Jonathan
21 M Spain Jorge Larena Avellaneda Roig Jorge
22 DI Holanda Daniel de Ridder
23 DF Spain Anderson Luiz de Carvalho Nené
24 DI Uruguay Ernesto Fabián Canobbio Bentaberry Canobbio
25 M Brasil Iriney Santos da Silva Iriney

[editar] Adestrador

Galicia Fernando Vázquez Pena

[editar] Historia

[editar] Protocelta

A tradición futbolística en Galicia data de comezos do século XX. Foi en Vigo onde esta modalidade deportiva tivo as súas primeiras manifestacións: comezou a practicarse nos xa desaparecidos peiráns da cidade, coincidindo coas primeiras exhibicións dos ingleses do Cable e das tripulacións dos escadróns británicos que frecuentaban o porto.

Daquela constituíronse en Vigo dous clubes de fútbol de primeira categoría: o Real Vigo Sporting Club e o Real Club Fortuna. Dende sempre ámbolos dous equipos se revelaron coma rivais de potencia moi semellante, e os seus enfrontamentos xeraban grandes movementos de masas de siareiros. O seu prestixio adquiriu ancha dimensión en todo o país, e a preponderancia foi tan notoria que a partires de 1906 e ata 1923 algún dos dous equipos vigueses foron sempre sen interrupción gañadores do título de campión rexional.

En 1923 e co gallo de afortalar a categoría do fútbol vigués, os dous equipos fusionáronse: desta fusión xurdiría o Real Club Celta.

[editar] Comezos coma equipo

O primeiro equipo que actuou no vello campo de Coia baixo a actual denominación estaba integrado polos seguintes xogadores:

  • Portería: Isidro;
  • Defensa: Otero, Pasarín;
  • Media: Queralt, Balbino, Torres;
  • Dianteira: Reigosa, Gerardito, Chicha, Polo, Pinilla;

Os enfrontamentos cos que o Celta iniciou a súa carreira desenvolvéronse contra dous equipos estranxeiros: o Boavista de Lisboa e o Cracovia, campión polaco. No primeiro torneo de liga no que interviñeron, durante a tempada 1923-1924, conquistou o campionato de Galicia, contendendo co Unión Sporting, o Racing ferrolán e o Eiriña de Pontevedra. Despois, no torneo da Copa de España, disputou a eliminatoria co Athletic de Bilbao quen ostentaban xa o título. Polo mesmo ano e aproveitando o paso por Vigo da selección uruguaia, camiño de París, onde se proclamou campiona olímpica, o Celta enfrontouse a eles nun magnífico encontro que tivo extraordinaria repercusión.

En 1924-1925 volven os celtiñas a gañar o Campionato Galego. Na mesma tempada tén lugar no campo de Coia unha nova contenda internacional. Nesta ocasión son os arxentinos quen se enfronta ó combinado vigués; o Celta aliña a:

  • Portería: Ruíz;
  • Defensa: Juanito, Rey;
  • Media: Cancela, Balbino, Hermida I;
  • Dianteira: Reigosa, Hermida II, Chicha, Polo, Casal;

mentres que a selección nacional arxentina está composta por:

  • Portería: Tesorieri;
  • Defensa: Bidoglio, Mutis;
  • Media: Médici, Vaccaro, Elli;
  • Dianteira: Tarasconi, Cerroti, Garazini, Seoane, Onzari;

A afección enteira volcouse no campo de Coia para presenciar os dous magníficos espectáculos: a victoria correspondeu nun dos partidos ós rioplatenses e noutro ós vigueses. Os celtiñas completaron o labor do seu fútbol vigoroso e enérxico empatando ó pouco tempo cos uruguaios, xa daquela campións olímpicos.

En 1927-1928 o Celta conquista novamente o título de campión da súa división, que comprendía as rexións de Galicia, Asturias e Castela-León. Seguidamente emprende unha xira onde loitou con varios equipos arxentinos e uruguaios. Nese mesmo ano inaugúrase o novo estadio de Balaídos. O primeiro equipo céltico que pisou o céspede deste terreo estaba formado por:

  • Portería: Lilo;
  • Defensa: Cabezo, Pasarín;
  • Media: Pareditas, Cárdenes, Vega;
  • Dianteira: Reigosa, Chicha, Rogelio, Polo, Gracilia;

Coma rival tivo naquela ocasión ó Real Unión de Irún, un dos grandes do fútbol español da época, que sen embargo, caeron fronte aos vigueses, nunha tarde inspiradísima, por sete goles a nada.

En 1931-1932 o Celta gaña outra vez o título de campión galego: desta vez en loita co Deportivo coruñés, o Rácing de Ferrol, o Eiriña pontevedrés e o Burgas e o Ourense da capital interior. Posteriormente chegou ás semifinais da Copa de España, sendo eliminado polo Barça. En 1933-1934, o Celta clasifícase en cuarto lugar da Liga entre tódolos clubes españois.

[editar] Franquismo

A historia do Celta pasa logo por diversos abaneos, inda que non diminúe a súa popularidade.

A finais da década de 1940 o equipo viviu unha época de esplendor, adestrado polo mítico gardamallas internacional Ricardo Zamora. Na tempada 1947-1948 concluiu o campionato nacional de liga de primeira división na cuarta posición, a 6 puntos do campión, o F.C. Barcelona, ao que conseguira derrotar por 3-2 nun Balaídos que convertiu en feudo inexpugnable, no que tamén caeron goleados o Athletic Club (5-1), o Valencia (5-2) e o Real Madrid (que colleitou aquela tempada senllas derrotas por 4-1 fronte os celestes, tanto en Vigo como en Chamartín). Pahiño, que con 23 goles alzouse co título de pichichi do campionato, e Hermidita, con 14, foron os máximos anitadores nunha plantilla na que formaron tamén Simón, Mesa, Cabiño, Gaitos, Gabriel ALonso, Yayo, Roig, Miguel Muñoz, Aretio, Vázquez, Retamar, Zubeldia, Salas, Marzá, Venancio, Bermejo e Montoro. A magnífica tempada dos olívicos tivo a súa rúbrica co subcampionato da Copa do Xeneralísimo. O Celta alcanzou a final, que se disputou no estadio madrileño de Chamartín o 4 de xullo de 1948, logo de superar unha agónica eliminatoria de semifinais fronte ao R.C.D. Español de Barcelona, que precisou para se resolver de dous partidos de desempate, coas súas respectivas prórrogas, que se celebraron en Madrid na mesma semana da final. As xestións da directiva celtica para acadar un aprazamento resultaron infructuosas e o equipo, agotado, saltou ao céspede do coliseo madridista para enfrontarse ao Sevilla. Aos 6 minutos de xogo un gran disparo de Miguel Muñoz adiantou ao Celta no taboleiro de marcas. Sen embargo, o Sevilla reaccionou axiña, e no minuto 19 acadaba o empate. O Celta mantivo o tipo tres cuartos de hora máis, pero tralo descanso, nun fatídico minuto 14 os vigueses encaixaron o segundo gol, nunha xogada que significou ademáis a lesión do porteiro Simón, que o obrigou a retirarse do terreo de xogo. Daquela o regulamento non permitía substitucións, de xeito que o equipo ficou con 10 xogadores e o seu posto baixo os paos tivo que ser cuberto por Gabriel Alonso, quen nos seguintes 15 minutos encaixou dous goles máis, que deixaron o marcador no definitivo 4-1 a prol dos andaluces.


Nos anos 50 seguen estando entre os equipos de primeira división de España que van en posicións destacadas. Na tempada de 1955 a aliñación dos celestes (por exemplo, derrotando ó Athletic de Bilbao en casa, o 9 de xaneiro) era:

  • Portería: Adauto;
  • Defensa: Gaitos, Lolín, Otero;
  • Media: Artine, Villar;
  • Dianteira: Azpeitia, Olmedo, Mauro, Cerdá, Torres;

[editar] Ver tamén

Fútbol

[editar] Referencias (Historia)

Sprint (1955) Breve historia del Celta de Vigo. En: Revista Galicia Emigrante, nº 9 (Buenos Aires) Febreiro de 1955, páxinas 20-21.

[editar] Ligazóns externas

Static Wikipedia (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2007 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu -

Static Wikipedia 2006 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu

Static Wikipedia February 2008 (no images)

aa - ab - af - ak - als - am - an - ang - ar - arc - as - ast - av - ay - az - ba - bar - bat_smg - bcl - be - be_x_old - bg - bh - bi - bm - bn - bo - bpy - br - bs - bug - bxr - ca - cbk_zam - cdo - ce - ceb - ch - cho - chr - chy - co - cr - crh - cs - csb - cu - cv - cy - da - de - diq - dsb - dv - dz - ee - el - eml - en - eo - es - et - eu - ext - fa - ff - fi - fiu_vro - fj - fo - fr - frp - fur - fy - ga - gan - gd - gl - glk - gn - got - gu - gv - ha - hak - haw - he - hi - hif - ho - hr - hsb - ht - hu - hy - hz - ia - id - ie - ig - ii - ik - ilo - io - is - it - iu - ja - jbo - jv - ka - kaa - kab - kg - ki - kj - kk - kl - km - kn - ko - kr - ks - ksh - ku - kv - kw - ky - la - lad - lb - lbe - lg - li - lij - lmo - ln - lo - lt - lv - map_bms - mdf - mg - mh - mi - mk - ml - mn - mo - mr - mt - mus - my - myv - mzn - na - nah - nap - nds - nds_nl - ne - new - ng - nl - nn - no - nov - nrm - nv - ny - oc - om - or - os - pa - pag - pam - pap - pdc - pi - pih - pl - pms - ps - pt - qu - quality - rm - rmy - rn - ro - roa_rup - roa_tara - ru - rw - sa - sah - sc - scn - sco - sd - se - sg - sh - si - simple - sk - sl - sm - sn - so - sr - srn - ss - st - stq - su - sv - sw - szl - ta - te - tet - tg - th - ti - tk - tl - tlh - tn - to - tpi - tr - ts - tt - tum - tw - ty - udm - ug - uk - ur - uz - ve - vec - vi - vls - vo - wa - war - wo - wuu - xal - xh - yi - yo - za - zea - zh - zh_classical - zh_min_nan - zh_yue - zu