George Lucas
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Para outras páxinas con títulos homónimos, vexa: George Lucas (homónimos)
George Walton Lucas, Jr. (nado o 14 de maio de 1944 en Modesto, California) é o creador do existoso fenómeno fílmico de "Star Wars" e posteriormente de Indiana Jones, presidente de Lucasfilm Ltd., LucasARts Entertainment Company, e Lucas Digital Ltd, Lucas Licensing, LucasBooks e Lucas Learning Ltd.
Lucas dirixiu a súa primera obra cinematográfica THX 1138, en 1970. O filme foi producido por American Zoetrope e contou con Francis Ford Coppola como productor executivo. O filme estaba baseado nunha cortometraxe do propio Lucas gañador de numerosos premios a nivel estatal. En 1971 Lucas forma a súa propia compañía, Lucasfilm Ltd, en San Rafael, California.
En 1973 Lucas dirixiu American Graffiti, un filme sobre autos e xoves. O filme gañou o Globo de Ouro, o New York Film Critics e o premio da National Society of Film Critics. Obtivo tamén 5 nominacións aos Oscars.
Catro anos despois, Lucas escribiu e dirixiu "A Guerra das Galaxias" (posteriormente rebautizada como Episodio IV: Unha nova esperanza), un filme que bateu tódolos record de venta de entradas e gañou sete Oscars da academia. Lucas iniciou a historia de "O imprerio contraataca" (Episodio V) e "O retorno de Jedi" (Episodio VI), das cales tamén foi productor executivo. En 1980 escribiu e produciu "En busca da Arca Perdida", dirixida por Steven Spielberg, obtendo 5 premios da academia. Tamén foi co-producto e creador da historia de "Indiana Jones e o Templo Maldito", estreada en 1984, nominada a 2 premios da Academia e obtendo un Oscar por efectos especiais.
O ultimo proxecto de Lucasfilm foi rematar a nova triloxía de "A Guerra das Galaxias". "A ameaza fantasma" (Episodio I), da nova triloxía, foi escrita, dirixida e producida por George Lucas e saiu ao público o 19 de maio de 1999. En maio de 2002 estreouse a segunda parte, "O ataque dos clons" (Episodio II), temén dirixida e producida por el. O capítulo final da nova triloxía, "A venganza dos Sith" (Episodio III), que abre as portas á triloxía clásica, estreouse o 19 de maio de 2005, quedando a saga finalizada.
[editar] Filmografía
- THX-1138 (1970): Director.
- American Graffiti (1973): Director, guionista.
- A Guerra das Galaxias (1977): Director, guionista, productor executivo.
- O imperio contraataca (1980): Productor executivo, guionista.
- O retorno do Jedi (1983): Productor executivo, guionista.
- En busca da arca perdida (1981): Productor executivo, guionista.
- Indiana Jones e o templo maldito (1985): Productor executivo e guionista.
- Howard o pato (1986): Productor executivo.
- En busca do val encantado (1987): Productor executivo.
- Willow (1988): Productor executivo.
- Tucker (1988): Productor executivo.
- Indiana Jones e a última cruzada (1989): Productor executivo.
- Parque Xurásico (1993): Editor.
- Star Wars Episodio I: A Ameaza Fantasma (1999): Director, productor executivo, guionista.
- Parque Xurásico 3 (2000): Productor executivo.
- Star Wars Episodio II: O Ataque dos Clons (2002): Director, productor executivo, guionista.
- Star Wars Episodio III: A venganza dos Sith (2005): Director, productor executivo e guionista.
George Lucas en persoa apareceu na súa última película, A vinganza dos Sith, interpretando a un personaxe extra chamado Baron Papanoida.