Rómulo e Remo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Reis de Roma | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Rei | Período de reinado | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Rómulo | -753 --716 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Numa Pompilio | -715--674 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tulio Hostilio | -673--642 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Anco Marcio | -642--617 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tarquinio Prisco | -616--579 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Servio Tulio | -578--535 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tarquinio o Soberbio | -535--510 |
Segundo a tradición romana, Rómulo foi, xunto con seu irmán Remo o fundador de Roma. A lenda di que eran fillos de Marte e de Rea Silvia. Numitor, o pai de Rea Silvia, era o rei de Alba Longa. Foi destronado polo seu irmán Amulio, quen o expulsou da cidade, matou aos seus fillos varóns e obrigou a Rea Silvia a adicarse ao culto de Vesta. Cando naceron os xemelgos foron abandonados pero unha loba atopounos e coidou deles ata que o pastor Fáustulo os recolleu. Os xemelgos querían fundar unha cidade e Rómulo trazou unha liña no chan para sinalar o recinto, no Palatino.
No ano -753, ambos comezaron a construir a cidade xunto ao Monte Palatino cando, segundo a lenda, Rómulo matou a Remo por atravesar sacrilegamente o pomerium. Tras a fundación da urbe, Rómulo invitou a criminais, escravos fuxidos e exiliados para lles dar asilo na nova cidade, chegando así a poboar cinco dos sete outeiros de Roma. Para conseguir esposas aos seus cidadáns, Rómulo convidou aos sabinos a un festival, onde raptou as mulleres sabinas e levounas a Roma. Logo da conseguinte guerra cos sabinos, Rómulo uniu os sabinos e os romanos baixo o goberno dunha diarquía xunto co líder sabino Tito Tacio.
Rómulo dividiu a poboación de Roma entre homes fortes e aqueles non aptos para combater. Os combatentes constituíron as primeiras lexións romanas, mentres que o resto se converteron nos plebeos de Roma, e de todos eles, Rómulo seleccionou a 100 dos homes de máis alta liñaxe como senadores. Estes homes foron chamados patricios, e os seus descendentes serían considerados como a casta nobiliaria romana. Tras a unión entre romanos e sabinos, Rómulo agregou outros 100 homes ao Senado.
Tamén baixo o reinado de Rómulo se estableceu a institución dos augures como parte da relixión romana, así como os Comitia Curiata. Rómulo dividiu á xente de Roma en tres tribos:
- romanos (ramnes).
- sabinos (titios).
- o resto (luceres).
Cada tribo elexía a dez coviriae (curias, comunidade de varóns), aportando ademais 100 cabaleiros e 10 centurias de infantes cada unha, conformando así a primeira lexión de 300 xinetes e 3.000 infantes. Ocasionalmente podía convocarse unha segunda lexión en caso de urxencia.
[editar] Véxase tamén
- Monarquía romana
- Imaxes sobre mitoloxía romana en Commons