Anco Marcio
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Reis de Roma | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Rei | Período de reinado | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Rómulo | -753 --716 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Numa Pompilio | -715--674 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tulio Hostilio | -673--642 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Anco Marcio | -642--617 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tarquinio Prisco | -616--579 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Servio Tulio | -578--535 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Tarquinio o Soberbio | -535--510 |
Tras a misteriosa morte de Tulio, os romanos elixiron a Anco Marcio, un personaxe pacífico e relixioso, para que os gobernase como novo rei. Era neto de Numa Pompilio e, como o seu avó, apenas estendeu os límites de Roma, loitando tan so en defensa dos territorios romanos cando foi preciso. Foi quen construíu a primeira prisión romana no outeiro do Capitolio.
Durante o seu reinado se fortificou o Ianículo, na ribeira occidental do Tíber, para así brindar maior protección á cidade por ese flanco, construíndose tamén a primeira ponte sobre o río. Outras das obras do rei foi a construción do porto romano de Ostia na costa do Tirreno, así como as primeiras factorías de salgado. O tamaño da cidade incrementouse grazas á diplomacia exercida por Anco, que permitiu a unión pacífica de varias aldeas menores en alianza con Roma. Grazas a este método, conseguiu o control dos latinos, realoxándoos no Aventino, e consolidando así a clase plebea de Roma.
Tras 25 anos de reinado morreu posiblemente de morte natural, coma o seu avó, sendo lembrado como un dos grandes pontífices de Roma. Foi o último dos reis latino-sabinos de Roma.