Río Tietê
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Río Tietê | ||||||
---|---|---|---|---|---|---|
Altitude da fonte: | 1.027 msnm | |||||
Lonxitude: | 22qm | |||||
Caudal medio: | ? m³/s | |||||
País: | Brasil | |||||
Desemboca | Océano Atlántico |
O Río Tietê é un río brasileiro do Estado de São Paulo. É famoso nacionalmente por atravesar a cidade de São Paulo.
Nace na cidade de Salesópolis, nas montañas da Serra do Mar, a 1.027 metros de altitude. A pesar de estar a apenas 22 km do litoral, as escarpas da Serra do Mar o obrigan a camiñar en sentido inverso, rumbo ó interior, atravesando o estado de São Paulo de surleste a noroeste ata desaugar no lago formado pola represa de Jupiá no río Paraná. Recorre no total uns 1.100 km.
En súa nacente, situada nun parque estadual, é un río de augas puras, que serven para beber. Pero despois que atravesa a cidade de Moji das Cruzes (uns 40 km ó leste da cidade de Sao Paulo) xa recebe unha carga significativa de poluentes, e as súas augas xa adquiren un odor desagradábel. A seguir, recebe máis polución das cidades de Itaquaquecetuba, Guarulhos e tamén de Sao Paulo, principalmente efluentes domésticos orgánicos, que agotan o oxíxeno do río e imposibilitan a vida de peixes e algas. Ó atravesar a cidade de Sao Paulo, o Tietê é un río morto. En raros puntos onde recebe algún afluente e hai movemento nas súas augas, unha minúscula especie de peixe, chamada guaru (que non pasa dos 5 cm) consegue sobreviver. En outros puntos, só as bacterias anaeróbicas sobreviven.
O río segue poluido polos veciños municipios de Osasco, Barueri, Santana de Parnaíba e Pirapora do Bom Jesus. Nesa cidade, está a represa Edgard de Souza, construída no comezo do século XX para posibilitar que a auga dun afluente do Tietê, o río Pinheiros, fose bombeada para producir electricidade na Serra do Mar.
Grazas a Edgard de Souza, unha parte da polución do río sedimenta no seu fondo, e as augas receben oxíxeno ao moverse cando saen da represa. Pero surxe outro problema: as augas retidas preto de Pirapora do Bom Jesus quedan paradas por bastante tempo e formase unha espuma composta de poluentes, deterxentes e gas sulfidrico. Esta espuma é levada polo vento ata a cidade, provocando alerxías respiratorias na súa poboación (especialmente en nenos de pouca idade) e corroendo as construcións históricas do seu centro, ademais do cheiro desagradábel e concentrado.
Despois de Pirapora do Bom Jesus, o río Tietê comeza un proceso de recuperación, ó deixar parte das substancias que o contaminan no fondo da represa Edgard de Souza e ó receber afluentes con menor carga de polución. Os peixes e as algas resurxen.
Mais algúns quilómetros adiante, comezan as represas para xerar enerxía hidroeléctrica e as eclusas para a navegación fluvial. Na cidade de Barra Bonita, a uns 300 km de Sao Paulo, o río pode ser usado para bañarse, para a pesca e para a navegación turística e de cargas. Así prosegue ata súa foz, no lago da represa de Jupiá, no río Paraná.
[editar] Importancia
Durante o periodo colonial, a navegación no río Tietê durante o periodo das monzóns posibilitou a penetración dos bandeirantes polo interior do Brasil, atinxindo os actuais Mato Groso do Sur, Mato Groso e Goiás. Esta penetración de exploradores estableceu núcleos de poboamento que hoxe son cidades importantes. Na cidade de Sao Paulo foi, ata a década de 1940, usado para competicións de natación e remo en clubes que surxiron nas súas marxes. Dende comezos do século XX, é utilizado para a produción de enerxía hidroeléctrica.
Hoxe, o lecer, a través de deportes náuticos e das praias fluviais só é posíbel nas cidades do interior que están varios quilómetros á xusante de Edgard de Souza. Tamén o transporte fluvial só é actualmente posíbel uns 200 km despois da cidade de Sao Paulo, xa na cidade de Conchas, que pode receber barcas de grande capacidade.
Pero o facto de ser un río practicamente sen vida ó pasar pola rexión metropolitana de Sao Paulo incomoda a súa poboación, e surxiron campañas e manifestacións pedindo a recuperación do río. Finalmente, en 1992 surxiu un extenso e ambicioso proxecto de despolución do río, comezando coa mellora da captación e tratamento dos efluentes de esgoto doméstico, pasando tamén polo control de súas enchentes na rexión metropolitana que ocorren nos meses de decembro ata marzo, máis chuviosos no estado. É un proxecto para varios anos, con varias etapas, que sofre frecuentes interrupcións cando as verbas son escasas. Cando esta reducción de polución tornarse significativa, prevese que a vida, sobre tudo peixes de porte medio ata grande, retorne ás súas augas.
Categorías: Ríos | Ecoloxía | Brasil