Osasco
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Osasco | |
---|---|
Estado | São Paulo |
Área | 66 km² |
Poboación | 682.823 (est. 2002) |
Altitude | 760 m sobre o nivel do mar |
Latitude | 23°31'52" S |
Lonxitude | 46°46'30" O |
Distancia de São Paulo | 16 Km |
Código postal (CEP) | 06000-000 |
Administración local: | Prefeitura Municipal de Osasco Av. Bussocaba, 300 - Centro |
Internet: | http://www.osasco.sp.gov.br |
Alcalde (Prefeito) | Emidio Pereira de Souza |
Osasco é unha cidade da rexión metropolitana de Sao Paulo, situada a 16 km da capital paulista. Ata 1962 foi un barrio da cidade de Sao Paulo, pero nese ano emancipouse despois de un plebiscito. Ligase á capital por diversas rúas e avenidas, ademáis de unha liña de ferrocarril e de dúas estradas modernas que tamén a ligan ao interior do estado, a Anhangüera e a Castelo Branco.
Ademáis de ser cidade-dormitorio para unha parte de súa poboación, é tamén unha cidade industrial, comercial e de servizos, na cal moitas persoas da capital e de cidades veciñas traballan. Nela están as sedes de unha grande emisora de televisión brasileira, o SBT (Sistema Brasileiro de Televisão), e do máis importante banco privado brasileiro, o Banco Brasileiro de Descontos S/A - Bradesco.