Río Narla
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
O río Narla é un afluente pola banda dereita do río Miño, e presenta un percorrido de 24 quilómetros. Nace no monte do Toxo, no sistema montañoso de Corno de Boi, na parroquia de Xiá (Friol). É un río próximo á cidade de Lugo. No ano 2004 o Ministerio de Medio Ambiente paralizou un encoro para o río Narla debido ao seu impacto ambiental e ao valor ecolóxico do lugar, catalogado como lugar LIC (Lugar de Importancia Comunitaria). Desemboca na parroquia de Ombreiro (Lugo).