Lugar de Importancia Comunitaria
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os Lugares de Interese Comunitario (LIC) son espazos naturais situados no territorio dos estados membros da Unión Europea designados como ecosistemas a protexer co obxecto de contribuir a garantir a biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres. Estes lugares seleccionados polos diferentes países en función dun estudo científico pasarán a formar parte das Zonas de Especial Conservación, que se integrarán na Rede Natura 2000 europea.