Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Provincia de Biscaia en
España
Provincia de Biscaia no histórico
País Vasco (Euskal Herria)
Biscaia (en éuscaro: Bizkaia, en castelán: Vizcaya) é unha provincia da Comunidade Autónoma Vasca, ademais de ser unha das sete provincias (herrialdes) do histórico País Vasco (Euskal Herria). Dá nome ao Golfo de Biscaia e situase ao norte da Península Ibérica, limitando ao norte co Mar Cantábrico, ao sur coa pronvincia de Burgos, ao leste coa Guipúscoa e ao oeste coa de Cantabria. A súa capital é Bilbao (en éuscaro: Bilbo).