Iparralde
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Iparralde (en éuscaro Parte Norte), País Vasco Norte, País Vasco francés ou País Vasco continental son algúns dos diferentes nomes para facer referencia a aqueles territorios do País Vasco (Euskal Herria) baixo administración francesa, en contraposición a aqueles que están baixo administración española, o Hegoalde.
O Iparralde atópase na parte máis occidental do departamento francés dos Pirineos Atlánticos e constitúe as tres provincias históricas de Baixa Navarra (en éuscaro: Nafarroa Beherea, en francés: Basse-Navarre), Lapurdi (en francés: Labourd) e Zuberoa (en francés: Soule).
A lingua propia do Iparralde é o éuscaro, a cal non ten estatus oficial, aínda que si ten un recoñecemento secundario nalgúns eidos coma a educación e as institucións.
A cidade máis importante é Baiona. Outros concellos destacados con Biarritz - Miarritze, Hendaia, Maule,...
|
|||
Araba | Biscaia | Guipúscoa | Lapurdi | Navarra | Baixa Navarra | Zuberoa | |||
Hegoalde | Iparralde |