Wikipedia:Política e normas:Toponimia
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Esta páxina contén políticas e normas oficiais da Galipedia. Ten unha ampla aceptación entre os editores desta wikipedia e considérase un estándar que todos os usuarios deben seguir. Excepto para edicións pequenas, por favor use a páxina de discusión para propoñer cambios nestas directrices. |
Nesta páxina están as normas acordadas o 12 de novembro de 2004 sobre Toponimia. Para ver o conxunto de normas e recomendacións ir a Wikipedia:Política e normas.
- Toponimia de Galicia
- Séguese a toponimia oficial segundo a documentación que existe na páxina da Xunta de Galicia: Nomenclátor de Galicia - Toponimia oficial.
-
- Galicia - Galiza
- 1. Nos títulos das páxinas utilízase Galicia, exemplos: Concellos de Galicia, Ríos de Galicia,...
-
- 2. No caso das páxinas Galicia e Galiza mantemos as dúas páxinas cun contido igual -sen redireccións- (tendo coidado de sustituir nunha páxina e outra Galicia por Galiza e o revés. Procurando que os cambios nunha páxina tamén se reflictan na outra).
- 3. No contido das páxinas pódese usar indistintamente Galicia ou Galiza. Procurarase ser coherentes no uso dos termos.
- 4. Nunha mesma páxina poden convivir ambos termos Galicia e Galiza, intentando na medida do posible non cambiar o uso que usuarios anteriores fixeran dos termos.
- Toponimia dos concellos galegofalantes onde o galego non é oficial
- Para preservar a toponimia tradicional dos concellos galegofalantes de Asturias e Castela-León, onde o galego carece de status de oficialidade, utilizarase a toponimia tradicional coa ortografía oficial da lingua galega. Nos concellos galegofalantes de Cáceres, polos séculos de separación destas falas do resto do territorio galegofalante, terán dobre denominación: o nome en galego normalizado xunto co nome tradicional da zona.
- Toponimia de España
- Nos títulos das páxinas úsase o nome galego xunto co nome oficial segundo a lexislación oficial. Pode consultarse no Ministerio de Administracións Públicas:
- MAP - Municipios, MAP - Provincias, MAP - Illas. E toponimia oficial española e a lexislación estatal e autonómica. Fonte: Parlamento Europeo
-
- Cidades con nomes cooficias:
-
- Alicante - Alacant , Castellón - Castelló, Valencia - València escríbese o título da páxina incluíndo os dous nomes separados por un guión e deixando un espacio antes e despois do guión, e precedidos do nome galego, exemplo: Alacante - Alicante - Alacant
- No contido da páxina e en primer lugar escríbese en negrita o nome do cidade ou lugar en galego, exemplo: Para a páxina Alacante - Alicante - Alacant escríbese En galego: Alacante.
- Cando existe un caso como o anterior créase previamente unha páxina co título galego que logo se redirixe á páxina co nome oficial, exemplo: Alacante redirixida a Alacante - Alicante - Alacant e no comezo da páxina pon: En galego: Alacante.
- Cos nomes das Comunidades pasa algo parecido: Illes Balears (nome oficial), créase unha páxina chamada Illas Baleares e redirixese a Illas Baleares - Illes Balears na parte superior da páxina escríbese En galego: Illas Baleares. O mesmo con La Rioja.
- No contido das páxinas escríbese o nome en galego.
- Toponimia de Outros Países do Mundo
- Tanto en nome de cidades como de países (en caso de existir) utilízase o mesmo criterio que nas ciudades con nomes cooficiais. Exemplos: Portugal o título da páxina inclúe un so termo porque Portugal sería o nome do país en Portugal e en Galicia, en cambio Suecia - Sverige, Suecia inclúe os nomes en galego e en sueco. Créase unha páxina chamada Suecia que se redirixe a Suecia - Sverige. Na parte superior da páxina indícase o nome do país en alomenos catro idiomas que son: galego, idioma orixinal, e calquera outros dous (escollendo mellor os nomes do país máis coñecidos). Exemplo: En galego: Suecia, En sueco: Sverige, En portugués: Suécia, En inglés: Sweden.
- Tómase como fonte do nome da cidade ou país a Wikipedia que corresponda ao país. Exemplo: Suecia Wikipedia de Suecia.
- Lugares co mesmo nome
- Cando coincide o mesmo nome para diversos lugares ou accidentes xeográficos, no caso dos lugares úsase o nome do lugar separado por unha coma de outro dato de localización, exemplo: Miño, entre outros pode ser un pobo da Provincia da Coruña ou o Río Miño. Para o pobo escríbese Miño, A Coruña (nome do pobo separado por unha coma, despois da coma un espacio e logo o nome da provincia) e para o río Río Miño. Como é maís probable que os usuarios busquen o Río Miño créase unha páxina que se chame Miño e nela escríbense as ligazóns as distintas opcións de Miño.
- Outro exemplo: París créase a páxina correspondente a París e faise que sexa a páxina que faga referencia á capital de Francia, na parte de arriba da páxina inclúese unha ligazón á páxina París (homónimos) onde se introducen as ligazóns a todos os lugares que se chamen París.
[editar] Véxase tamén
Para máis información véxase: