Polio
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A poliomielite, máis coñecida simplemente como polio, é unha enfermidade infecciosa producida por un virus que ataca o intestino e máis tarde o sistema nervioso: debido á ausencia de sinais nerviosos que os fagan mover, tras un determminado tempo os músculos acaban atrofiándose pola falta de uso. Aproximadamente un de cada mil casos acaba en parálise. Crese que o virus se transmite a través das feces e a saliva.
Actualmente e gracias a unha campaña de vacinación intensiva, o virus da polio está, segundo a OMS (Organización Mundial da Saúde) case erradicado: no ano 2005 detectaronse só arredor de 500 casos.