Platón, Filósofo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Platón (grego: Πλάτων) naceu en Atenas, no -428/-427 a.C, un ano despois da morte do estadista ateniense Pericles. O seu nome verdadeiro era Aristoclés, mentres que Platón era o seu alcume.
Índice |
[editar] Biografía
Filósofo grego. El e o seu alumno Aristóteles son os dous filósofos máis influintes da Historia da Filosofía Occidcental. Fillo de Aristón e de Perictione. Consta que súa nai descendía de Solón. Inicialmente, foi discípulo do filósofo Crátilo, que seguía o pensamento de Heráclito de Éfeso. Xa na súa xuventude, no 407 a.C. Platón entrou no grupo de Sócrates e a influencia dese filósofo foi determinante para o conxunto do pensamento platónico. Despois da morte do mestre, Platón refúxiase en Mégara e máis tarde ao sur da Italia, onde coñece o filósofo pitagórico Arquitas de Tarento. Vai tamén a Siracusa, na Sicilia e ao norte da África. Nesta época comeza a escreber os seus primeiros diálogos. No 388 a.C. viaxa a Sicilia e intentou influír na política de Dionisio I, que o desterra e mesmo chega a ser vendido como escravo, aínda que o ser recoñecido pola súa compradora déixao en liberdade de contado. En 387 a.C., funda en Atenas a primeira escola filosófica: a Academia. Adícase ao ensino por un longo período ata que, en 367 a.C., Platón parte para Siracusa coa esperanza de implantar aló os seus ideais políticos. Dionisio I, o tirano local morrera e coa sucesión de Dionisio II, había oportunidade para mudanzas na política local. A viaxe de Platón, con todo, foi inútil. Ningunha mudanza fora posible. Decepcionado, o filósofo retorna para Atenas. Nos seus últimos anos, Platón continua a filosofar. Reconsidera e reelabora posicións anteriores e ocúpase tamén de novos problemas. A súa última obra, as Leis, trata da preocupación fundamental de toda a súa vida: a política. O seu discípulo máis famoso foi Aristóteles.
[editar] Pensamento platónico
En liñas xerais, Platón desenvolveu a noción de Mundo das Ideas (ou Hiperuraneo), que son as formas ideais de aquilo que vemos e sentimos. O que vemos e sentimos, ou sexa, aquilo que percebemos coas nosas sensacións, son meras sombras das Ideas perfectas desas mesmas cousas.
Tal filosofía de Platón tamén é coñecida por Teoría das Ideas ou Teoría das Formas.
Para Platón, o mundo concreto percebido polos sentidos é unha pálida reprodución do mundo das Ideas. Cada obxecto concreto que existe participa, xunto con todos os outros obxectos da súa categoría, dunha Idea perfecta. Unha determinada pluma, por exemplo, terá determinados atributos (cor, formato, tamaño, etc). Outra pluma terá outros atributos, pero tamén ela é unha pluma, tanto canto a outra. Aquilo que fai con que as dúas sexan plumas é, para Platón, a Idea de pluma, perfecta, que esgota todas as posibilidades de ser pluma.
A ontoloxía de Platón di, entón, que algo é na medida en que participa da Idea dese obxecto. No caso da pluma é irrelevante, mais o foco de Platón son cousas como o ser humano, o ben ou a xustiza, por exemplo.
O problema que Platón se propón resolver é a tensión entre Heráclito e Parménides: para o primeiro, o ser é a mudanza, todo está en constante movemento e é unha ilusión a estaticidade, ou a permanencia de calquer cousa; para o segundo, o movemento é que é unha ilusión, pois algo que é non pode deixar de ser e algo que non é non pode ser, así, non hai mudanza.
Ou sexa (por exemplo), o que fai con que determinada árbore sexa ela mesma desde o estadío de semente ata morrer, e o que fai tanto dela sexa árbore como doutra outra especie, con características tan diferentes? Hai aquí unha mudanza, tanto da árbore en relación a si mesma (co pasar do tempo ela crece) canto da árbore en relación a outra. Para Heráclito, a árbore está sempre mudando e nunca é a mesma, e para Parménides, nunca muda, é sempre a mesma e é unha ilusión a súa mudanza.
Platón resolve ese problema coa súa Teoría das Ideas. O que hai de permanente nun obxecto é a Idea, máis precisamente, a participación dese obxecto na súa Idea correspondente. E a mudanza ocorre porque ese obxecto non é unha Idea, mais unha incompleta representación da Idea dese obxecto. No exemplo da árbore, o que fai con que ela sexa ela mesma e sexa unha árbore (e non outra cousa), a despeito da súa diferenza daquilo que era cando máis novo e doutras árbores doutras especies (e mesmo das da mesma especie) é súa participación na Idea de Árbore; e a súa mudanza debese ao feito de ser unha pálida representación da Idea de Árbore.
Platón tamén elaborou unha teoría gnosiolóxica, ou sexa, unha teoría que explica como se pode coñecer as cousas, ou ainda, unha teoría do coñecimento. Segundo el, ao vermos un obxecto repetidas veces, unha persoa lémbrase, aos poucos, da Idea daquel obxecto, que viu no mundo das Ideas. Para explicar como se dá iso, Platón recorre a un mito (ou unha metáfora) que di que, antes de nacer, a alma de cada persoa vivía nunha Estrela, onde se localizan as Ideas. Cando unha persoa nace, a súa alma é "botada" para a Terra, e o impacto que ocorre fai con que esqueza o que viu na Estrela. Mais ao ver un obxecto aparecer de diferentes formas (como as diferentes árbores que se pode ver), a alma recórdase da Idea daquel obxecto que foi vista na Estrela. Tal recordación, en Platón, chámase anamnesis.
[editar] A reminicencia
Unha das condicións para a indagación ou investigación acerca das Ideas é que non estamos en estado de completa ignorancia sobre elas. Do contrario, non teríamos nen desexo nen poder de procurálas. En vista diso, é unha condición necesaría (para tal investigación) que teñamos en nosa alma algunha espécie de coñecimento ou lembranza de noso contato coas Ideas (contato ese ocorrido antes do noso proprio nacimento) e nos recordamos das Ideas por vélas reproducidas palidamente nas cousas. Deste modo, toda a ciencia platonica é unha reminicencia. A investigación das Ideas supión que as almas preexistiron nunha rexión divina onde contemplaban as Ideas.
[editar] Obra
Platón escrebeu na forma de diálogos. A coleción deses escritos - xeralmente tida como auténtica - é a seguinte:
- Alcibíades (Primeiro): trata da doutrina socrática do auto-coñecemento;
- Alcibíades (Segundo): trata do coñecemento;
- Apoloxía: relata o discurso de defensa de Sócrates no tribunal de Atenas;
- Banquete: trata da orixe, as diferentes manifestacións e o significado do amor sensual;
- Cármides: diálogo ético;
- Clítofon: trata da virtude;
- Cratilo: trata da natureza dos nomes;
- Critias: Platón narra aqui mito de Atlántida a través de Critias (seu avó). É un diálogo inacabado;
- Critón: trata da xustiza;
- Eutidemo: crítica aos sofistas;
- Eutifrón: trata dos conceitos de piedade e impiedade;
- Fedón: relata o xulgamento e morte de Sócrates e trata da imortalidade da alma;
- Fedro: trata da retórica e do amor sensual;
- Filebo: versa sobre o bo e o belo e como o home viver mellor;
- Gorxias: trata do verdadeiro filósofo en oposición aos sofistas;
- Hipias (maior): discusión estética;
- Hipias (menor): trata do axir humano;
- Ión: trata de poesía;
- Laques: trata da coraxe;
- Leis: aborda varios temas da esfera política e xurídica. É o último (inacabado), máis longo e complexo diálogo de Platón;
- Lisis: trata da amizade/amor;
- Menexeno: eloxio da morte no campo de batalla;
- Menon: trata do ensino da virtude;
- Parménides: trata da ontoloxía. É neste diálogo que Platón introduce a teoría das formas;
- Político: trata do perfil do home político;
- Protágoras: trata do concepto e natureza da virtude;
- A República: aborda varios temas, mais todos subordinados á cuestón central da xustiza;
- Sofista: diálogo de caráter ontolóxico;
- Teeteto: trata exclusivamente da Teoría do Coñecemento;
- Timeo: trata da orixe do universo.
[editar] Liña do Tempo
- 432 a.C. - Inicio da guerra do Peloponeso.
- 428/27 a.C. - Nacimento de Platón.
- 399 a.C. - Condenación de Sócrates pola Asemblea popular de Atenas.
- 387 a.C. - Platón funda a Academia.
- 348/47 a.C. - Morte de Platón en Atenas.
- 338 a.C. - Felipe da Macedonia vence a batalla de Queronea e conquista Grecia.