Plasma
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
- Para outras páxinas con títulos homónimos, vexa: Plasma (homónimos)
Plasma é o estado da materia que ocorre no interior do Sol e demais estrelas; que consiste nunha "sopa" de electróns libres e ións. A materia suxeita ao estado de plasma atinxe temperaturas tan altas que os seus átomos comezan a perder electróns e estes tórnanse libres.
A palabra plasma ven da medicina onde se utiliza para indicar unha perturbación ou estado non distinguíbel. O termo plasma na física, utilizouse pola primeira vez polo físico americano, Irving Langmuir no 1928, cando estudaba descargas eléctricas en gases.
Na superficie da Terra o plasma só se forma en condicións especiais. Debido a que a forza gravitacional da Terra é débil para reter o plasma, non é posíbel mantelo confinado por longos períodos como acontece no Sol. O Sol, así como todas estrelas que emiten luz, atópanse neste cuarto estado da materia. Na ionosfera terrestre, temos o xurdimento da Aurora boreal, que é un plasma natural, así como o lume. Son sistemas compostos por un gran número de partículas cargadas, distribuídas dentro dun volume (macroscópico) onde haxa a mesma cantidade de cargas positivas e negativas.
Este medio recebe o nome de Plasma, e chamouse polo físico inglés W. Clux do cuarto estado fundamental da materia, por conter propiedades diferentes do estado sólido, líquido e gasoso.
Esta mudanza de estado acontece da seguinte forma: ao adicionarmos calor ao sólido este transfórmase en líquido; se adicionarmos máis calor, este transfórmase en gas e se aquecermos este gas a altas temperaturas, obtemos o plasma. Sendo así, se colocarmos en orde crecente conforme á cantidade de enerxía que a materia posúe teremos:
SÓLIDO LÍQUIDO GASOSO PLASMA
A importancia do estudo de física de plasma dáse en función de que, a materia do universo é nun 99% materia ionizada en forma de plasma; ou sexa, no planeta Terra, onde a materia se atopa normalmente nos tres estados: sólido, líquido e gasoso, pódese dicir que en relación ao Universo, vivimos nun ambiente especial e raro.
Como o plasma está a altísima temperatura, a axitación dos seus átomos é tan grande que as colisións entre partículas é moi común, non podendo ser mantido cohesionado o átomo, a forza nuclear forte non é xa capaz de manter o núcleo atómico estábel e nin existen combinacións entre os electróns libres, entón tamén non temos a actuación da forza nuclear fraca.
[editar] Propiedades do Plasma
- É electricamente neutro, neutralidade garantida polo equilibrio das partículas componentes do plasma. Resumidamente, o seu número de neutróns,protóns e electróns é igual.
- O plasma é óptimo condutor eléctrico, unha vez que posúe grande cantidade de electróns libres.
- O plasma preséntase como un óptimo condutor de calor.
- O plasma é fonte de ondas electromagnéticas. Estando o plasma suxeito a un campo magnético, este induce un campo eléctrico e viceversa. Nótase que, no caso do sol, o campo electromagnético é tan intenso que influencia dispositivos sensíbeis a estes campos, como satélites de comunicacións por exemplo e tamén orixina fenómenos interesantes como a aurora boreal.
[editar] Experiencias con Plasma
O plasma tamén pode existir en baixas temperaturas, como exemplos podemos citar lámpada fluorescente...
Estados da materia |
---|
Sólido | Sólido amorfo | Xel | Líquido | Gas | Plasma | Superfluído | Supersólido | Materia dexenerada | Neutronium | Plasma quark-gluon | Condensado Fermiónico | Condensado de Bose-Einstein | Materia estraña |