Pitufo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Os pitufos son unha raza ficticia de pequenas criaturas azuis que viven nun bosque nalgún lugar de Europa. Foron creados polo historietista belga Peyo, e popularizados pola serie animada de televisión dos estudios Hanna-Barbera.
Na Aldea Pitufo, onde viven tódolos pitufos, tódalas casas son cogomelos, todos visten igual (pantalón branco e gorra branca), exceptuando Papá Pitufo (que viste de cor vermella) e que ademáis coñece de feitizos e maxia. Cada pitufo ten unha personalidade extravagante, destacando Fortachón, Goloso (o cociñeiro), Vaidoso, Bromista (cos seus regalos explosivos que sempre fallan), Granxeiro, Filósofo e o antes mencionado Papá Pitufo. Ademáis, nas últimas temporadas aparecen 3 pitufos pequenos, e o Avó Pitufo (vestido de amarelo).
Gargamel, un bruxo cun gato chamado Azrael, sempre trata de capturar ós pitufos con trampas para poder prepararse con eles a "sopa de pitufos", un lendario prato exquisito de sabor irrepetible. Pero máis tarde a súa manía persecutoria hacia eles vólvese máis imprecisa.
O tema musical que acompaña as aparicións de Gargamel, na serie de debuxos comeza cunha mezcla de Scherezade e continúa co primeiro movemento da Octava Sinfonía de Franz Schubert, chamada Inconclusa.
O tema en francés é cantado por Dorothée, que presentaba programas para nenos na televisión nos anos 90. En España, esta serie emitíuse tamén a través das distintas cadenas de televisión autonómicas.
Os personaxes máis coñecidos son Azrael, Gargamel, O Gran Pitufo (posteriormente, na serie animada, Papá Pitufo) e Pitufiña.