Cogomelo
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Un cogomelo é un fungo pluricelular que adoita medrar en lugares húmidos e pouco soleados. Hai moitas especies de cogomelos, con diferentes características e que se dan en diferentes ecosistemas. Se cadra un elemento común é o de medrar en lugares húmidos e pouco soleados. Habitualmente, encádranse dentro do phylum Basidiomicota (Basidiomicetos)
A época na que se fan visibeis en superficie é, para a maior parte deles, o outono, especialmente cando quenta o sol despois dunha choiva intensa. Aínda que algúns (o Champiñón e o Pleurotus) son cultivábeis todo o ano baixo certas condicións de iluminación, temperatura e humidade, a maior parte e os máis saborosos (robellón, boletus, coprinus, etc) só medran no monte e non se ten acadado o seu cultivo controlado. Un cogomelo comestíbel moi común no noso país é a Macrolepiota, nalgúns lugares chamada zarrota de xeito específico.
A maior parte medran ao abeiro dunha árbore, ben no chan ou nas súas pólas.