Peyote
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Peyote | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Clasificación científica | ||||||||||||
|
||||||||||||
Nome científico | ||||||||||||
Lophophora williamsii | ||||||||||||
Coñeza toda a Bioloxía en Wikispecies, o directorio dos seres vivos |
O peyote (Lophophora williamsii) é un pequeno cacto sen espiñas nativo da rexión que se estende entre o suroeste dos Estados Unidos ata o centro de México.
Contén numerosos alcaloides, entre eles a mescalina, que é un poderoso alucinóxeno. Tódalas especies de Lophophora son de crecemento extremadamente lento, a miúdo tardan máis de 30 anos en alcanzar a idade de floración (o tamaño dunha pelota de golf, sen incluír a raíz). Os especimes cultivados crecen a maior velocidade, normalmente tardan entre 6 e 10 anos en alcanzar a madurez. Debido a este lento crecemento e á sobreexplotación a que está suxeito, considérase en perigo de extinción.