Ovidio
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Publio Ovidio Nasón (Sulmona, 20 de marzo do 43 a. de C. - Mar Negro, 17 ou 18 d. de C.) viviu dende moi novo en Roma, onde se relacionou con outros escritores da época (Horacio, Propercio).
Ocupou cargos públicos pouco relevantes ata que un decreto do emperador Augusto o desterrou á beira do Mar Negro, no ano 8 d. de C.; como consecuencia, os seus libros foron retirados das bibliotecas e queimados en público por inmorais. A súa obra iniciouse cun cancioneiro amoroso, poemas que abren un ciclo erótico no que tamén se inclúen as Heróidas, colección de ficticias cartas de amor escritas por heroínas da mitoloxía e da historia, pero os seus títulos máis ambiciosos son Fasti e As metamorfoses.
En Tristia, unha elexía de forma epistolar, cobran importancia singular as referencias autobiográficas. Na época na que Ovidio estivo desterrado escribiu a súa obra mais famosa: As Metamorfoses (Metamorphoseon), escrita en hexámetro dactílico. Desde a Idade Media e o Renacemento, coma é o caso dos Carmina Burana, a obra de Ovidio nunca deixou de estar presente na tradición literaria europea.
[editar] Referencias
Ovidio (2005) [edición bilingüe; trad. José Antonio Dobarro Posada & Estrella Fernández Graña] Metamorfoses. Santiago de Compostela: Consellería de Cultura, Comunicación social e Turismo da Xunta de Galicia & Vigo: Editorial Galaxia.