Othello
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Otelo: O mouro de Venecia é unha obra de Shakespeare escrita ao redor de 1603. Otelo é unha traxedia, como Hamlet, Macbeth e O rei Lear. Shakespeare escribiu Otelo probabelmente despois de Hamlet, pero antes que as dúas posteriores. A primeira actuación da que se ten noticia celebrouse o 1 de novembro de 1604 no Whitehall Palace de Londres.
O personaxe principal, Otelo, preséntase piadosamente a pesar da súa raza. Isto era pouco habitual na literatura inglesa en tempos de Shakespeare, que describía os mouros e outros pobos de pel escura como viláns. Shakespeare evita calquera discusión respecto do Islam na obra.
[editar] Resumo da trama
Otelo, que se acaba de fugar con Desdémona ao comezo da obra, deixaa Venecia para dirixir o exército de Venecia en Chipre. Cando Desdémona e Casio se unen a Otelo en Chipre, o traidor estandarte Iago convence a Otelo de que Desdémona lle foi infiel con Casio. Otelo mata a Desdémona cego de ira. A esposa de Iago, Emilia, descobre que a aventura de Desdémona con Casio era unha invención de Iago. Iago mata a Emilia e Otelo suicídase. Casio goberna Chipre e o castigo de Iago é deixado a discreción de Casio.
ITESM Obra atribuida a Shakespeare Os dous nobres cabaleiros
[editar] Versións en películas e para óperas
Otelo levouse varias veces á gran pantalla, incluíndo:
- The Tragedy of Othello: The Moor of Venice (1952) de Orson Welles
- Othello (1965) protagonizada por Laurence Olivier, Maggie Smith, Frank Finlay, e Joyce Redman
- Otello (1986)
- Othello (1995) protagonizada por Kenneth Branagh, Laurence Fishburne, e Irene Jacob. Dirixida por Oliver Parker.
- Kaliyattam (1997), en Malayalam, unha adaptación moderna, situada en Kerala, protagonizada por Suresh Gopi.
- O (2001) unha adaptación moderna, nun instituto norteamericano.
A mesma historia é a base para dúas versións de ópera, ambas chamadas Othello, de Gioacchino Rossini e Giuseppe Verdi.
[editar] Enlaces externos
- Othello - Versión en texto desta obra no Proxecto Gutenberg
- The Tragedie of Othello - Versión HTML en inglés desta obra.