Giuseppe Verdi
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Giuseppe Verdi (1813-1901) supón a culminación de toda a tradición operística italiana. A súa obra e a súa persoa foron, ademais, un símbolo na loita pola unificación do país. Grande amante de Shakespeare, en obras súas baseouse para Macbeth, Otello ou Falstaff.
Tras uns irregulares inicios, Verdi alcanza madurez e popularidade na súa segunda etapa, e o seu afán por narrar con continuidade e precisión as historias vaino aproximando ás teorías de Richard Wagner. Rigoletto é un bufón dun nobre que ten unha dobre vida: facer rir a xente (pública) e protexer a súa filla (privada). En La traviata (baseada en A dama das camelias de Victor Hugo) estabelece unhas fondas relacións psicolóxicas entre os personaxes: Violeta Valéry (moza mantida) e Alfredo Germont (o seu namorado, un mozo da alta sociedade).
Foi un símbolo da unificación italiana, moitas das súas óperas tiñan un transfondo político, na estrea de Nabucco, cando os escravos hebreos cantaban o coro “Va pensiero” os asistentes identificáronos co pobo italiano dominado por Austria, o que provocou unha certa axitación. Berrar “Viva Verdi!” era berrar “Viva Vittorio Emmanuele Re D’Italia!”.