Organización Republicana Gallega Autónoma
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A Organización Republicana Gallega Autónoma (ORGA) foi un partido político galego, de carácter republicano e autonomista que se fundou no outono de 1929 na Coruña coa participación das Irmandades da Fala locais. O seu máximo dirixente era Santiago Casares Quiroga.
En marzo de 1930 organizou a Federación Republicana Gallega, na que se integraron partidos republicanos como o Partido Radical e o Partido Republicano Radical-Socialista. Tras a proclamación da República deixan a FRG o PR e o PR-S, aínda que a FRG seguiu existindo ata abril de 1932.
En maio de 1932 a ORGA pasou a denominarse Partido Republicano Gallego (PRG) e en 1934 uniuse a Acción Republicana e Partido Republicano Radical Socialista Independiente para formar Izquierda Republicana