Izquierda Republicana
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Izquierda Republicana (IR) é un partido político español republicano de esquerdas.
Formouse o 3 de abril de 1934 pola unión da Acción Republicana, Acción Socialista, o sector esquerdista do Partido Republicano Radical Socialista e a Organización Republicana Gallega Autónoma. En Cataluña a organización denominouse Partit Republicà d'Esquerra. Entre os seus dirixentes encontrábanse José Giral, Álvaro de Albornoz, Victoria Kent, Luis Bello, Santiago Casares Quiroga, Marcelino Domingo e Manuel Azaña, quen foi o presidente do primeiro Consello Nacional do partido.
Nas eleccións do 16 de febreiro de 1936 conseguiu 87 deputados dentro do Frente Popular e formou parte de todos os gobernos ata o final da guerra civil e despois no goberno da República no exilio. Azaña foi presidente da República entre 1936 e 1939.
No exilio mantivo a súa infraestrutura e foi o principal apoio ó goberno da República no exilio ata a súa disolución en 1977 tras a fin da ditadura franquista. Foi legalizado o 10 de novembro de 1977.
IR participa na creación de Izquierda Unida, no ano 2002 sae da coalición, aínda que se presentou coaligado con ela nas eleccións europeas de 2004.
En Galicia a organización denomínase Esquerda Republicana Galega
[editar] Eleccións
- Xerais 1979: 55.545 votos (0.31%)
- Xerais 1982: 610 votos (0.00%)
- Xerais 2000: 1.541 votos (0.01%)
- Xerais 2004: 16.993 votos (0.07%).