Omega
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nome da vixésimo cuarta letra do alfabeto grego (ὦ μέγα); equivale ao /o:/, o longo aberto, pois o pechado era representado como ου, que logo pasou a ter o valor de /u/. Minúscula ω, maiúscula Ω. Adoita transcribirse como o. Como signo numérico representaba o oitocentos. En maiúscula serve tamén para designar o vixésimo cuarto canto da Ilíada de Homero e en minúscula o vixésimo cuarto da Odisea.
[editar] Véxase tamén:
Alfabeto grego |
Alfa - Beta - Gamma - Delta - Epsilon - (Digamma) - Dseta - Eta - Theta - Iota - Kappa - Lambda - Mi - Ni - Xi - Omicrón - Pi - (San) - (Qoppa) - Rho - Sigma - Tau - Ipsilon - Fi - Khi - Psi - Omega - (Sampi) |