Beta
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
Nome da segunda letra do alfabeto grego (βῆτα); equivale ao /b/, son oclusivo labial sonoro. Adoita transcribirse como b. O seu nome provén do da segunda letra do alfabeto fenicio bēt. Como signo numérico representaba o dous. En maiúscula serve tamén para designar o segundo canto da Ilíada de Homero e en minúscula o segundo da Odisea.
[editar] Véxase tamén:
Alfabeto grego |
Alfa - Beta - Gamma - Delta - Epsilon - (Digamma) - Dseta - Eta - Theta - Iota - Kappa - Lambda - Mi - Ni - Xi - Omicrón - Pi - (San) - (Qoppa) - Rho - Sigma - Tau - Ipsilon - Fi - Khi - Psi - Omega - (Sampi) |