Nutación
Na Galipedia, a wikipedia en galego.
A nutación é un lixeiro movimento de cabeceo dun planeta no espazo (semella o movimento dunha peonza cando perde forza e está a piques de caer).
No caso da Terra, a nutación superpónse ao movimento de precesión. A nutación fai que os polos da Terra se desplacen uns nove segundos de arco cada 18,6 anos.
Foi descuberta en 1728 polo astrónomo inglés James Bradlei. Ata 20 anos máis tarde, non se soubo que a causa do movimento extra do eixo da Terra era a Lúa.